lunes, 17 de diciembre de 2012

O Paxe Real visita Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo

Nenos e nenas, ¿xa tedes escrita a carta para os Reis Magos? Estaredes desexando a chegada desa noite tan especial. Se queredes estar cos paxes deste homes máxicos e introducir as vosas cartas no buzón Real, poderedes facelo na Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo.

A Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, queremos disfrutalo Nadal con todos vós. Por iso, organizamos xunto co Concello de Vigo, a visita do Paxe Real as nosas instalacións.
Todos os nenos e nenas, que queiran falar e estar cos paxes dos Reis Magos de Oriente; meter as vosas cartas no buzón Real, para que lle cheguen os Reis Magos; non vos podedes perder esta visita, a Agrupación.

O día 27 de decembro, ás 18 horas, no noso local na rúa Panamá 2, o paxe Real estará esperándovos para que lle contedes todo o que lle pediredes os Reis Magos.
¡Non podedes faltar, o Paxe Real espéravos!

No hay comentarios: