jueves, 20 de diciembre de 2012

Festival de Patinaxe, audición de Fin de Ano e a visita de Papá Noel no CVC de Valladares

Moitos son os festivales, concertos e festas que se organizan no Nadal. Todas as asociacións e centros culturais realizan diferentes eventos, para que os seus socios disfruten máis destas festas. O CVC de Valladares, é un deses que durante toda a fin de semana estará repleto de actos, para todos os que queiran achegarse.

- Festival de Nadal, das escolas de patinaxe
Dende o mes de setembro, os alumnos/as da escola de Patinace do CVC de Valladares e do Club de Patinaxe Valladares levan preparando bailes , para sorprensernos a todos nos diferentes festivais. 
Mañán, venres 21 dedecembro, ás 18 horas, no auditorio do CVC de Valladares poderemos contemplar o espectáculo que estes rapaces e rapazas teñen preparados para todos nós.

- Audición "Fin de ano" da Escola de música de Valladares
O sábado, 22 de decembro, ás 18 horas da tarde, os alumnos da escola de música de Valladares, farannos disfrutar das audicións que realizarán. Demostrando a calidade das suas actuacións.

- Visita de Papá Noel
O home máis esperado destas datas, visitará o sábado 22 de decembro,  pola tarde o CVC de Valladares, no que escoitará e charlará con máis pequenos. 
Ademáis vendrá acompañado de duendes, os que animarán a tarde bailando e cantando con todo nós.

- Entrega de premios da biblioteca e sorteo da Canastriña
O próximo sábado, ás 20 horas, no auditorio, terá lugar o xa típico sorteo da canastriña, ademáis da entrega de premios os máis lectores da biblioteca do CVC de Valladares.



No hay comentarios: