miércoles, 12 de diciembre de 2012

IV Concurso de Rondallas Diputación de Pontevedra

Outro ano máis a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, somos os encargados da organización do concurso de rondallas Diputación de Pontevedra; indo xa pola cuarta edición.

Moitas das rondallas das parroquias viguesas e de alrededores, xa levan meses ensaiando, para lucirse ante o público nestas datas de nadal.
Moitas son as actuacións que dende esta fin de semana, ata o día de Reis, teñen estas formacións. Todas as actuacións son importantes, pero si unha destaca por enriba de todas, esa é o esperado Concurso de rondallas.
Este ano será o domingo, 30 de decembro, ás 17 horas, no IFEVI. Como nas tres edicións anteriores, está organizado pola Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, e patrocinado pola Diputación de Pontevedra.

Para poder acceder o concurso, precísanse invitacións. É importante recordar, que as invitacións son individuais, necesítase unha por persoa para poder acceder o recinto. Ademáis de ser gratuítas, como nos anos anteriores.
A partir de mañán, poderán recollerse no local da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, na rúa Panamá nº2 (enriba de Álvarez). Con horarios: 
- de 9:00 a 13:00 horas
- de 17:00 a 21:00 horas

Xa queda menos para un dos eventos máis importantes da época do Nadal, un evento que acolle e une a cidade de Vigo e os seus alrededores, o IV Concurso de Rondallas Diputación de Pontevedra. Mostrándose con este, unha forza cultural difícil de igualar.

No hay comentarios: