martes, 11 de diciembre de 2012

Visita o Belén do CVC de Valladares

Chegadas estas datas de nadal, son moitos os lugares nos que podemos atopar Beléns, que representan o Nacemento de neno Xexús. O CVC de Valladares invítanos a disfrutar do seu, unha auténtica obra de arte.

Moitos meses de traballo, é o que se pode observar cando visitamos o nacemento do CVC de Valladares, que está exposto na sua cafetería.
Cada ano que pasa, esta parroquia viguesa sorpréndenos coa calidade artística, que ten a hora de elaborar algo tan típico do Nadal, como é o Belén.
Moitas son as figuras, edificios e paisaxes, que forman parte desta representación; as cales están expostas para que calquera de nós poidamos valoralas.
Os horarios de visita para poder disfrutarlo, son os seguintes:
- Mañán: 11:00 a 13:30 horas
- Tarde: 17:00 a 21:15 horas

Se queredes observar un precioso belén, elaborado co traballo e esforzo humano, visitade o Nacemento do CVC de Valladares, trátase dunha auténtica obra de arte.

No hay comentarios: