miércoles, 19 de diciembre de 2012

VI Coto Clásico

Para estas datas de tanto axetreo e tanta festa, non ven mal un pouco de relaxación. Iso é o que nos propón, a Asociación Cultural o Coto, co VI Coto Clásico.

VI Coto Clásico, un concerto de música clásica perfecto para disfrutar dun rato de tranquilidade e de boa música.
Este sábado 22 de decembro, ás 20 horas da tardiña, na Igrexa Parroquial de Santa Mariña de Cabral, terá lugar esta preciosa audición, destianada a todo aqueles que desexemos escoitar música de calidade.

A Asociación Cultural O Coto, coa colaboración da Parroquia de Cabral, organizan por sexta edición o Coto Clásico, no que este ano participarán o grupo "Saltaren", un dúo de música barroca.
Se queredes disfrutar dunha tarde de música e sonidos apaixonantes, animádevos e achegádevos este sábado ata Cabral.

No hay comentarios: