lunes, 10 de diciembre de 2012

Contacontos infatil, no Centro Comercial Gran Vía

Pais e nais, se queredes ver disfrutar os vosos fillos, entretelos durante un bo rato, o mesmo tempo que aprenden; este venres acudide o Centro Comercial Gran Vía, para escoitar cun contacontos infantil de "Pepiña Maruxiña quere voar"
Este venres, 14 de decembro, ás 18:30, na 2ª planta do Centro Comercial Gran Vía, poderedes disfrutar dun contacontos infantil.
Esta actividade está destinada a un público familiar, que queira pasar unha tarde educativa a vez que entretida. 
A organización deste acto, é dirixida pola Concellería de Normalización Linguística, sendo patrocinado polo Concello de Vigo, en colaboración co Centro Comercial Gran Vía.

Cabe destacar, que haberá un interpreté de lingua de signos. Unha forma de que ningún neno ou nena, quede excluído da actividade por unha discapacidade.



No hay comentarios: