Este sábado rematará a semana de teatro Afecionado de Vigo 2011, se non vos achegastes ata ningunha das diferentes xornadas de teatro que se realizaron, non o dubidedes e disfrutar cos grupos de teatro da nosa cidade.
Se queredes asistir a última xornada desta semana de teatro afecionado, non tedes máis que achegarvos este sábado, 3 de decembro, ás 19 horas, ó Centro Cultural de Beade.
Nesta ocasión o grupo encargado de representala obra, "O Amor de don Perlimplin con Belisa no xardín", será o grupo de Teatro Atlántida de Matamá. Os actores e actrices desta obra de teatro, faránnos pasar unha tarde de sábado agradable.
A semana de Teatro Afecionado, non ten outra intención que a de promover os grupos de teatro, pertencentes a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, pola nosa cidade. Conseguindo que a xente os coñeza, e valore o seu ben facer.
Estas xornadas de teatro, teñen lugar gracias a organizadora, a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, e os colaboradores, que son a Concellería de Cultura e Festas do Concello de Vigo, e a Alcaldía de Vigo.
Se queredes asistir a última xornada desta semana de teatro afecionado, non tedes máis que achegarvos este sábado, 3 de decembro, ás 19 horas, ó Centro Cultural de Beade.Nesta ocasión o grupo encargado de representala obra, "O Amor de don Perlimplin con Belisa no xardín", será o grupo de Teatro Atlántida de Matamá. Os actores e actrices desta obra de teatro, faránnos pasar unha tarde de sábado agradable.
A semana de Teatro Afecionado, non ten outra intención que a de promover os grupos de teatro, pertencentes a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, pola nosa cidade. Conseguindo que a xente os coñeza, e valore o seu ben facer.
Estas xornadas de teatro, teñen lugar gracias a organizadora, a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, e os colaboradores, que son a Concellería de Cultura e Festas do Concello de Vigo, e a Alcaldía de Vigo.
A próxima obra representada será "O amor de Don Perlimplin con Belisa no xardín". Os encargados de representala será o grupo de teatro Atlántida de Matamá; o próximo sábado, 3 de decembro, ás 19 horas, no Centro Cultural de Beade.
Este domingo, día 27 de novembro, no Centro Cultural de Beade, ás 18 horas, será representada a obra "Longa vida a Martiño de Guimil", a cargo do grupo "Teatro Escoitade"
Moitos grupos, con un alto nivel de baile e música galega, serán os que estarán este domingo, no CVC de Valladares.
Este sábado, 26 de novembro, no Centro Cultural de Cabral de Becerreira, ás 19 horas, será interpretada a obra teatral:Perdendo o sentido, representada polo grupo Lareira Teatro.
Os días 26 e 27 de novembro, este sábado e este domingo, terá lugar a celebración, na parroquia viguesa de Valladares, da festividade de Santa Icía, a patroa dos músicos.
Este sábado 26 de novembro, ás 19 horas, no Centro Cultural de Beade, a obra "Aquí non paga ninguén" será interperetada polo grupo Porta Aberta.
Diferentes obras, a carga de varios grupos teatrais, serán interpretadas dende o 26 de novembro, ata o 3 de decembro, en Centros Culturais da cidade de Vigo.
Aínda que non o creamos, hai moitas familias que non poden comprarlle agasallos os seus cativos, pois os medios económicos non llo permiten. Nada lle faría máis ilusión a estes pais e nais, que ter algo, por moi pequeno que sexa, co cal sorprender e facer felices os seus fillos.
Este sábado, 19 de novembro, todos os que queirades podredes realizar unha ruta de sendeirismo, nada máis e nada menos que a Ruta da Auga e da Pedra de Armenteira.
O sábado, 12 de novembro,ás 17 horas; celebrarase un magosto no parque da Bouza, entre o parque infantil e o estanque.
Se eres socio, simpatizante e acompañante da Asociación Folclórica Andarela, non dubides en achegarte ata o local de ensaio desta agrupación, e disfrutar coa sua compañía.
Entre moitos dos cursiños que na Agrupación de Centros Deportivoa e Culturais de Vigo ofrecemos, temos Ballet clásico.
Mañán, sábado 5 de novembro, ás 18 horas, no complexo paroquial "Cristo da Vitoria", representarase unha obra de tetrao, dentro do ciclo, "Teatro de Barrio, Vigo a escea 2011"
Este sábado, 5 de novembro, ás 21 horas, María do Ceo, actuará no auditorio da SCD Helios de Bembrive. Disposta a facernos disfrutar coa súa actuación, e demostrar unha vez máis a fantástica voz que ten.