jueves, 30 de diciembre de 2010

Outro ano de Rondallas

O próximo domingo 2 de Xaneiro celébrase o II CONCURSO DE RONDALLAS Deputación de Pontevedra. A partir das 17:30h do serán no pavillón 3 do Recinto Feiral de Cotogrande.

Como cada ano, o primeiro domingo de xaneiro, celebrase o popular Concurso de Rondallas da cidade de Vigo. Seguindo a tradición as Rondallas fórmanse para alegrar o Nadal de toda cidadanía. E logran así encher un espazo baleiro, como é o pavillón 3 do IFEVI, non só de xente e público, senón tamén de música, cor, son e alegría.

Durante toda a tarde do domingo un total de once rondallas desfilarán polo pavillon do IFEVI facendo as delicias de todos os que se acheguen ata o recinto feiral. Cada ano hai un maior número de seguidores polo que o igual que o pasado ano, vólvese a utilizar o IFEVI como espazo para celebrar o concurso, xa que permite un maior aforo de público, chegando a acadar ás 8.000 bancadas inda así insuficientes pola grande cantidade de persoas interesadas en asistir ó multitudinario concurso.

Para todos aqueles que teñen pensado asistir lembrámoslle que a entrada e de balde, pero o acceso ás instalacións será previa presentación de invitación. As invitacións poderán recollerse no distintos puntos de distribución (entre o 13 e 30 de decembro):

· Sede Vigo da Deputación de Pontevedra (rúa Oporto, 3)

· Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo (rúa Ecuador, 34)

· Federación de Peñas “El Olivo” ( rúa Otero Pedrayo, 5 bajo – Pza. Maestros Ilustres)

lunes, 20 de diciembre de 2010

II TROFEO PETANCA

Por segundo ano consecutivo a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo organiza o seu Trofeo de Petanca de nadal, nos campos da Sociedade Cultural e Recreativa "Xestas" de Bembrive.
A Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo no seu empeño por manter e transmitir a cultura e o deporte da noa cidade celebrou o pasado sábado o seu II Trofeo de Petanca. Este ano, a diferenza do anterior tódolos equipos participantes estaban fedeados na Federación Galega de Petanca o que lle deu un carácter máis profesional e de maior nivel o Trofeo.

Os corenta e oito participantes deste ano xogaron por tripletas seguindo o modelo de xogo suizo. Dos dezaseis equipos finalmente quedaron soamente catro clasificados para os premios, que se distribuiron do seguinte xeito:
  1. Club Deportivo Tango
  2. Club Deportivo Bolas da Carrasca de Nigrán
  3. Club Deportivo Candeán
  4. Club Deportivo Trasmañó de Redondela
A xornada comezou ás nove e media da mañá cunha temperatura ambiental de dous graos, pero o frío invernal non impediu que os xogadores con espíritu gañaor participaran no torneo. Que non rematou ata as oito da tarde, facendo soamente unha parada técnica a hora do xantar, na que tódolos equipos participantes comeron xuntos un cocido galego convidados pola Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo.
O remate do torneo procedeuse a entrega de premios, entregados polo presidente da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, Roberto Giráldez; o Alcade Pedáneo de Bembrive, Benito Pérez, quen pasou gran parte da xornada cos xogadores no terreo de xogo; e a presidenta da Sociedade Cultural e Recreativa Xestas de Bembrive, Nieves Alonso. Se queres ver tódalas fotos do evento podes miralas no album de foto pinchando aqui.

jueves, 16 de diciembre de 2010

Actividades para o fin de semana

A cultura e o deporte non descansan, e as nosas entidades tampouco. Para esta fin de semana ofrecémosche diferentes actividades para tódolos gustos e idades.

Sábado:
  • II Trofeo de Petanca "Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo" durante toda a xornada do sábado na Asociación Cultural Deportiva Xestas de Bembrive. Trofeo organizado por segundo ano consecutivo pola Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, no que participan dezaseis equipos federados da cidade de Vigo. Os corenta e oito participantes xogaran por tripletas, seguindo o modelo de xogo suizo. Será un certame que durará toda a xordanda, facendo unha pardata para o xantar, no que os equipos poderán fomentar a convivencia entre eles para, pola tarde, pasar a xigar a semifinal e a final do Trofeo. Remataremos a xornada coa entrega de premios para os catro mellores equipos.
  • Cine para nenos no Centro Cultural Rueiro de Coia, a partir das 17:30h no salón de actos da Igrexa do Cristo da Victoria, coa proxección da película Toy Story.
Domingo:
  • Festival de Gaitas no Centro Cultural de Cabral a partir das 18:00h coa participación dos grupos: Fume de Caroso, Atlántida de Matamá, Morgadanes, Falcatrua e Gaita e Cia.

martes, 14 de diciembre de 2010

V Encontro Folclórico

O pasado 14 de novembro celebramos a terceira e ultima parte deste "V Encontro Folclórico Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo" do ano 2010.Xa levamos cinco anos celebrando o noso "Encontro Folclórico Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo", festival no que participan tódolos grupos folclóricos que pertencen a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo. Este festival folclórico ten como obxectivo ensalzar o folclore e a cultura galega e da nosa cidade da man das nosas entidades. Este ano, por primeira vez celebrouse en tres datas repartidas o longo de todo o ano.

Comenzámola primeira xornada o 30 de maio no auditorio da Sociedade Cultural, Deportiva e Recreativa Helios de Bembrive, coa participación dos grupos folclóricos Os trasnos da gaita, Helios de Bembrive, O Coto e Asubio.
Continuámolo noso "V Encontro Folclórico Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo" o domingo 26 de setembro no auditorio da Sociedade Cultural e Recreativa Atlántida de Matamá. Nesta segunda xornada do festival participaron os grupos folclóricos: Queixumes, Os Ventos de Comesaña, Rueiro de Coia e pechou o certame o grupo da casa, o grupo folclórico Atlántida de Matamá.
Para rematar este "V Encontro Folclórico Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo" fixemos unha terceira e última parte deste festival no Centro Cultural e Recreativo de Cabral, na que participaron os demáis grupos pertencentes a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo. O grupo folclórico Froles Novas, A Buxaina de Coruxo, Corisco, Andarela e pechou o "V Encontro Folclórico Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo" o grupo folclórico Cotogrande de Cabral. Podes ver tódalas fotos das tres xornadas do festival na nosa páxina en facebook ou no albúm de fotos. Por último queremos agradecer a tódalas persoas, organismos e entidades que colaboran con nos e fan que este tipo de actos sexa posibles.


viernes, 10 de diciembre de 2010

Axenda cultural do fin de semana

Sábado11
  • Senderismo en Rueiro de Coia

  • Festival Folclórico no Centro Cultural Helios de Bembrive

  • Concerto de Acordeóns na Sociedade Xestas de Bembrive

Domingo12

  • Festival de Danza no Centro Cultural de Cabral

As nosas entidades preséntanos as seguintes actividades para esta fin de semana. O Centro Cultural Rueiro de Coia proponnos comezar o sábado cunha xornada de sendeirismo en contacto coa natureza. A ruta será a dos Muiños de San Cibrán (2ª parte), todos aqueles que estén interesados en asistir quedan emprazados para as nove da mañá na Igrexa Parroquial do Cristo da Vitoria.


Para os que prefiran outras demostracións culturais as nosas entidades de Bembrive propoñennos; A Sociedade Cultural e Deportiva Xestas de Bembrive organiza un concerto de acordeóns da man do grupo Algareiro, a partir das 20:00h no seu local social. Tamén a mesma hora a Sociedade Cultural, Deportiva e Recreativa Helios de Bembrive ofrécenos un festival folclórico.


Para a xornada do domingo o Centro Cultural e Recreativo de Cabral organiza un Festival de Danza, no que actuarán varios grupos de baile moderno, entre eles o do propio Centro Cultural de Cabral e o grupo de Matamá. outra das nosas entidades.


Dende a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo esperamos que con toda esta variedade cultural que vos ofrecemos participedes nalgunha das actividades que organizan as nosas entidades.

jueves, 2 de diciembre de 2010

I Encontro Cultural da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo

Exposición de Diego de Giráldez, presentación do novo disco de Noitarega, magosto e actuacións musicais no I Encontro Cultural organizado pola Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo.

O pasado venres 12 de novembro a Agrupación de Centros Culturais de Vigo organizou o seu primeiro Encontro Cultural, no edificio administrativo da Xunta de Galicia e a praza da Estrela.


O acto comezou ás 20:30h do serán coa inauguración da obra do pintor Diego de Giráldez. De seguido realizouse a entrega de premios do concurso para nen@s de Debuxo e Pintura, que levan o nome do artista; e que por segundo ano consecutivo organiza a Agrupación de Centros Deportivos e Culturai de Vigo.


Continuamos a nosa programación coa presentación do novo disco de Noitarega XXI, xunto Noitarega compartiron esceario as cantareiras Grialia, no auditorio da Xunta de Galicia, que por primeira vez abre ás súas portas á cultura da cidade.


O finalizar o concerto a actividade traspasouse a Praza da Estrela, onde habilitamos unha carpa para dar comezo ó popular magosto, amenizado polo grupo folclórico Corisco. No que se repartiron máis 100 kg de castañas, 1000 chourizos e 50 litros de chocolate quente acompañado de torta de améndoa.
Podes ver todas as fotos no album que temos dispoñible e que recolle gráficamente tódalas actividades do acto dende o seu inicio. Se queres mirálas pincha aqui.

Cine no Centro Cultural de Cabral

Unha sesión de cine este domingo ás 17:30 no Centro Cultural e Recreativo de Cabral.
O Centro Cultural e Recreativo de Cabral (Becerreira), entidade federada a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, organiza unha nova xornada de cine para nenos a partir das 17:30 horas do serán do próximo domingo 5 de decembro, a entrada é de balde.