jueves, 31 de mayo de 2012

Concerto Didáctico, Galicia nas Terras da Gaita

O próximo xoves día 7 de xuño, haberá un concerto didáctico no Auditorio Atlántida de Matamá. haberá actuacións de diferentes gaiteriros de todo o mundo...unha forma de ver e comparar, os diferentes estilos de tocar a gaita que existen segundo o país do que proceda.

Gaiteiros croatas, baleares, irlandeses, rumanos, da bretaña...diferentes países e diferentes culturas unidos, ofrecendo un gran concerto didáctico, no cal nos enseñarán a diferenza entre as gaitas do mundo. 

Galicia nas terras da gaita, trátase dun programa no cal se reúnen gaiteiros de varios países de europa, e realizan concertos por diferentes lugares de Galicia. 
A semana que ven están en Vigo, e ofrecerán varios concertos. Un deles, será o xoves 7 de xuño, ás 21:30 horas, no auditorio Atlántida de Matamá.

Serán de Traspés

Se queres bailar, cantar e festexar unha noite de primavera, ven troulear no Serán de Traspés....haberá gaitas, pandeiretas e moita festa. Non o podes perder.

Este sábado, 2 de xuño a Asociación Cultural Traspés celebra o seu Serán anual, na carballeira de Sárdoma.
Dende ás 16 horas, haberá xogos para nenos, desta forma os máis pequenos da casa, tamén poderán disfrutar dunha festa tan tradicional como é o Serán.
A partir das 22 horas da noite, comenzará a festa para todo aquel que se acerque por alí. As actuacións serán por orde de chegada.
Haberá chocolate e comida para todos, ademáis de moit baile e moita festa. Non o podedes perder., vai a troulear con Traspés.

martes, 29 de mayo de 2012

Próximos actos da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo

Despois do gran éxito que este domimgo tivo o Festival Musical no CCR de Cabral. A Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo seguimos traballando en actos e actividades que se celebrarán nas próximas datas.

Moitos son os actos nos que a directiva da agrupación estamos traballando, para os meses que quedan deste ano 2012. A seguinte actividade máis cercana será a segunda xornada do Encontro Folclórico que nos organizamos; este terá lugar o 17 de xuño, ás 18 horas da tarde no CCR de Cabral. 
Tamén estamos a traballar no Festival Musical, que será o 29 de xuño, no CVC de Valladares; neste ademáis de participar grupos de baile moderno, bailarán varios alumnos dos cursos que ofrecemos na Agrupación. 

 Por suposto, o acto estrela e máis importante para nos, a Festa da Cultura de Vigo; no que habrá moitas novidades e sorpresas respecto co ano pasado. 
Ademáis, xa poden resevar a sua plaza dos cursos 2012- 2013, que a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais ofrecemos no noso local. Como poden ver, a Agrupación estamos traballando para cumprir o noso obxectivo, que non é outro que promocionar a cultura e o deporte na cidade de Vigo.

viernes, 25 de mayo de 2012

Teatro no Centro Cultural Rueiro

O Centro Cultural e Artístico Ruerio, segue celebrando as Letras Galegas 2012...por eso mañán, no salón de actos do complexo parroquial Cristo da Vitoria, será representada a obra de teatro "Aquí non paga ninguén"

Mañán, sábado 26 de maio, ás 20:30 horas da tarde, o grupo de teatro Porta Aberta, representará a obra de teatro "Aquí non paga ninguén", no salón de actos do complexo parroquial Cristo da Vitoria. 

Unha boa forma de pasar un sábado a tardiña, vendo e disfrutando dunha obra entretida e divertida. Animaros e pasade a vela.

jueves, 24 de mayo de 2012

Festival Musical

Xa estamos a xoves, a semana está rematando e seguro que aínda non tes plan para este domingo. Pois non o penses máis, a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo dámosche a idea perfecta...o Festival Musical, que nos organizamos.

Este domingo 27 de maio, ás 18 horas da tarde, no auditorio do C.C.R. de Cabral, terá lugar o Festival Musical, que a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo organizamos.
 Tres serán os grupos que participen neste festival. Tres grupos de baile moderno, que están dispostos a facernos disfrutar e a deixarnos coa boca aberta despois das suas actuacións. Os grupos participantes son:
 - Grupo Helios de Bembrive 
- Grupo Flashdance de Cabral 
- Grupo da S.C.D. Atlántida de Matamá 

 Non poden perder este gran Festival Musical, que ademáis de divertido e entretido...será espectacular.

martes, 22 de mayo de 2012

Cursos 2012-2013 da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo. Reserva xa a tua plaza

Chegados o mes de maio, xa todo mundo pensa no final do colexio, das clases e cursiños, os que durante todo o inverno asistiu. Pero a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, xa pensamos no próximo curso e ofrecémosvos os horarios das actividades que impartiremos.
Horarios de mañán e de tarde, descontos...como poden ver, os cursiños da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, son todo facilidades. 
Están abertos a todo aquel que queira, sin ningún límite de idade...pois temos actividades para todo o mundo. 
Ademáis dos cursos que ofrecemos no 2011- 2012, teremos outros novos, para todos e todas os que queirades practicalos. 
Os horarios e as actividades que ofreceremos no próximo curso 2012- 2013 son as seguintes: 
- Aerobic- step: luns e mércores, 10:30 a 11:30 
- Pilates: luns e mércores, 11:30 a 10:15 
              martes e xoves, 10:45 a 11:30; 21:00 a 22:00 
- Danza do ventre maiores/ ioga: venres, 11:00 a 12:30; 19:00 a 20:30 
- Tai- chi: martes e xoves, 12:15 a 13:00 
- Informática: luns, 17:00 a 19:00 xoves, 17:00 a 19:00 
- Baile latino infantil: luns e mércores, 17:15 a 18:00 
- Ballet clásico (desde 4 anos): martes e xoves, de 17:15 a 18:00; 18:15 a 19:00 
- Baile moderno (de 6 a 12 anos): miércoles, 18:00 a 19:30 
- Baile moderno: martes e xoves, 19:15 a 20:00 
- Baile latino adultos: mércoles, 19:30 a 21:00 
- Baile de salón: venres, 20:30 a 22:00 
- Talleres de memoria: luns, 10:30 a 11:00 
- Talleres para nenos/as: sábado, 11:00 a 13:00 

Como poden comprobar moitas son as actividades que ofrecemos para o próximo curso. Se queren reservar a sua plaza ou simplemente recibir información sen ningún compromiso, poden achegarse ata as nosas instalacións na rúa Panamá 2; ou chamar o número:886139670.

lunes, 21 de mayo de 2012

Festival Musical da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo

¿Tedes plan para este domingo? A Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo,  anímamosvos e invítamosvos a que vos acheguedes ata o C.C.R de Cabral, e disfrutedes co Festival Musical, que outro ano máis, estamos organizando.

Rapaces e rapaces, grandes bailaríns, que están dispostos a facernos disfrutar do espectáculo. Todo isto é fruto do gran esforzo, que realizan nos ensaios durante todo o ano.
Este domingo, 27 de maio, ás 18 horas, no C.C.R. de Cabral, podredes asistir o Festival Musical, no cal participarán tres grupos de baile moderno. Estes son:
- Grupo de baile moderno da S.C.D.R. Helios de Bembrive
- Grupo de baile moderno do C.C.R. de Cabral
- Grupo de baile moderno da S.D.C. Atlántida de Matamá

 Xa sabedes, este domingo esperámosvos no auditorio do C.C.R. de Cabral, ás 18 horas horas da tarde. Animádevos, será dievrtido.

sábado, 19 de mayo de 2012

Festival Musical da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo

Baile, música e moito ritmo, é o que podremos atopar no Festival Musical que a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, organizamos o próximo domingo no Centro Cultural e Recreativo de Cabral.

O próximo domingo, 27 de maio, ás 18 hora da tarde, no auditorio do C.C.R. de Cabral, a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo organiza o Festival Musical, no cal participarán algún dos grupos de baile moderno dos nosos colectivos. 
Serán tres o grupos participantes, dispotos a facer bailar a todo o público; eles son: 
- Grupo de baile moderno da S.C.D.R. Helios de Bembrive 
- Grupo de baile moderno da S.D.C. Atlántida de Matamá -
 Grupo de baile moderno do C.C.R. de Cabral 

Non podedes faltar a este animado evento, animádevos e achégadevos ata o Festival Musical.

Concerto da Coral Polifónica "María Madre del Buen Pastor"

Un agradable concerto para una tardiña de primavera, a cargo da coral polifónica "María Madre del Buen Pastor" ,Padres Capuchinos; unha boa forma de disfrutar dun rato de tranquilidade e relaxación.

Hoxe, 19 de maio, ás 20:30 horas da tarde, na Igrexa do Cristo da Vitoria; actuará para todo aquel que desexe, a Coral Polifónica "María Madre del Buen Pastor". 
Os organizadores deste concerto son a Asociación de Mulleres "Dorna"; movemento cidadán "O noso Barrio" e o Centro Cultural Artístico "Rueiro".

miércoles, 16 de mayo de 2012

Presentación do Libro-Disco adicado a Manuel Enríquez Fernández "Nela"

Manuel Enríquez Fernández "Nela", un gran gaiteiro, pertencente o grupos Bres- Taramundi...a esta gran persoa para a cultura galega é a quen lle adican un libro- disco, que será presentado mañán no C.R.A.C. de Coruxo.

Mañán, 17 de maio, ás 12 da mañán, no C.R.A.C. de Coruxo, terá lugar a presentación do libro- disco adicado a "Nela", o cal a editorial Canela ven de publicalo hai un tempo. 
O inicio do acto contará coa actuacións dos gaiteiros do grupo "Xistra de Coruxo", que farán unha pequena introdución para comezar despois coa presentación do libro. O rematar a presentación, o mestre Nela interpretará parte do seu repertorio recollido por diferentes zonas de Galicia. 
Para concluír a festa, terá lugar unha comida- homenaxe a Nela, no restaurantes os amigos. Se queren reservar sitio para ela, chamen a Armando o número: 661565788. 

 Se desexan celebrar dunha diferente forma o día das letras galegas, chéguense mañán ata o salón de actos do C.R.A.C. de Coruxo, ás 12 da mañán.

"Noite das letras galegas"

Mañán 17 de maio, celébrase o día das letras Galegas, un día importante para tódolos galegos e galegas. Esta noite xa se celebrarán moitos actos, en diversos centros culturales e sociedades da cidade de Vigo.

Un deses colectivos que celebran e disfrutan do día das letras galegas, e Centro Cultural e Artístico Rueiro. Hoxe, 16 de maio, ás 22:30 horas da noite celebrarán "a noite das letras galegas".
 Nesta celebración haberá música, poesía e contos, unha entretida forma de celebrar o día das letras galegas, o día da nosa lingua. 
Se che apetece asistir a este evento, non tes máis que achegarte ás 22:30 horas da noite ó Complexo Parroquial do Cristo da Vitoria. 
Este acto está organizado pola Asociación de Mulleres "Dorna", movemento cidadán "O noso Barrio" e o Centro Cultural Artístico Rueiro.

martes, 15 de mayo de 2012

O Filme "Copito", no Centro Comercial Travesía

¿A Quen non lle gusta Copito? ¿Quen non coñece a historia deste fantástastico gorila? Se queres volver a disfrutar con esta fantántica historia, non tes máis que achegarte este sábado ata o Centro Comercial Travesía de Vigo.

A Concellería de Normalización Linguística, está organizando a proxección do filme "Copito". A proxeción terá lugar este sábado 19 de maio, ás 12:00 horas, no Yelmo Cines do Centro Comercial Travesía.
 Para poder disfrutar desta gran película, soamente hai que recoller invitación. Pódense coller nas oficinas de Radio Vigo, rúa Areal 6 e chamando o teléfono: 986 438700. 

Se quere que os seus fillos, irmáns, sobriños ou ceñecidos tamén coñezan e disfruten con este bonito filme, recolla a súa invitación e achéguese este sábado, ata os Yelmo Cines, do Centro Comercial Travesía de Vigo.

lunes, 14 de mayo de 2012

Charla-Coloquio sobre Valentín Paz Andrade

Achégase os Día das letras Galegas, e con él moitos actos e homenaxes a Valentín Paz Andrade, o gran autor e escritor o que este ano se lle adica o día das letras galegas.

O Centro Cultural Artístico Rueiro e o Movemento Cidadán o Noso Barrio, organiza unha charla-coloquio, no Complexo Parroquial do Cristo da Vitoria, sobre o homenaxeado no día das letras galegas Valentín Paz Andrade. 
A ponente será a profresora da Universidade de Vigo, Rita Paredes. A charla será realizada este martes, 15 de maio ás 20 horas, no salón de actos do complexo parroquial.

viernes, 11 de mayo de 2012

XI Serán, no Colexio do Carballal

Música, baile, comida e moita festa...todo isto forma parte dun serán; unha das festas máis importantes para a cultura galega. A Asociación Cultural O Coto, organiza por  undécima vez, o Serán que será celebrado no Colexio do Carballal.

Se queredes pasar un bo rato, bailando e facendo festa ata que o corpo aguante, animádevos e acudide o XI Serán, no colexio o Carballal; será este sábado, 12 de maio, a partir das 22:00 horas.
 Esta gran festa terá lugar grazas o Asociación Cultural O Coto, como organizadora do evento; e como colaboradores A Veciñanza e Participación Cidadá do Concello de Vigo. 

 Xa sabedes, este sábado pasade polo Carballal, para disfrutar dun bo rato a partires das 22:00 horas da noite, e recordade que a media noite, haberá aperitivo e chocolate para todos.

martes, 8 de mayo de 2012

Charla sobre o Alzheimer, no CVC de Valladares

Unha enfermedade crónica como e o alzheimer, que cada ano afecta a máis personas de idade avanzada, merece ter charlas nas que se informe sobre a enfermedade, os síntomas, as posibles causas...
Este venres 11 de maio, ás 18:30, o CVC de VAlladares acollerá nas suas salas 4 e 5, a charla sobre o Alzheimer "Convivir coa Demencia". 
Son moitas as preguntas e dúbidas, que terán sobre esta enfermedade, a cal cada vez é máis frecuente na nosa sociedade. Moita información e respostas é o que lle darán na charla "Convivir coa demencia". 
Todos temos familiares, veciños ou coñecidos que sofren esta doenza, para poder atendelos e tratalos adecuadamente debemos estar informados e ter coñecementos sobre esta enfermidade. 
Que mellos que acudir a unha charla, con entrada libre, na que nos explicarán os puntos máis importantes da enfermedade. 
 "Convivir coa demencia" está organizada pola área de saúde do CVC de Valladares; colaborando nela Portales Verticales CES, Centro de Día "Aleida"; a redatora será Silvia de Cal Zapata, directora dun Centro de Día.

lunes, 7 de mayo de 2012

Festival Musical, da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo

A Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, estamos a traballar nos próximos eventos que organizaremos neste ano 2012: festival musical, encontro folclorico, festival fin de curso, festa da Cultura...

O próximo acto que realizará a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, é o Festival Musical. Un festival no cal actuarán diferentes grupos de baile moderno, todos eles pertencentes os colectivos que forman esta Agrupación.
 Este evento terá lugar o domingo día 27 de mayo, no Centro Cultural e Recreativo de Cabral. A Agrupación estamos traballando nel, e nos próximos días informaémosvos de máis detalles do Festival Musical.
 Ademáis deste festival, os próximos actos sobre os que a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo xa estamos traballando son: 
- II parte do Encontro Folclórico: 17 de xuño 
- Festival fin de curso: 29 de xuño 
- Festa da cultura: 7 e 8 de xullo

 Seguirémosvos informando destas actividades e festivais da Agrupación, nos cales contamos coa vosa presencia.