miércoles, 16 de mayo de 2012

Presentación do Libro-Disco adicado a Manuel Enríquez Fernández "Nela"

Manuel Enríquez Fernández "Nela", un gran gaiteiro, pertencente o grupos Bres- Taramundi...a esta gran persoa para a cultura galega é a quen lle adican un libro- disco, que será presentado mañán no C.R.A.C. de Coruxo.

Mañán, 17 de maio, ás 12 da mañán, no C.R.A.C. de Coruxo, terá lugar a presentación do libro- disco adicado a "Nela", o cal a editorial Canela ven de publicalo hai un tempo. 
O inicio do acto contará coa actuacións dos gaiteiros do grupo "Xistra de Coruxo", que farán unha pequena introdución para comezar despois coa presentación do libro. O rematar a presentación, o mestre Nela interpretará parte do seu repertorio recollido por diferentes zonas de Galicia. 
Para concluír a festa, terá lugar unha comida- homenaxe a Nela, no restaurantes os amigos. Se queren reservar sitio para ela, chamen a Armando o número: 661565788. 

 Se desexan celebrar dunha diferente forma o día das letras galegas, chéguense mañán ata o salón de actos do C.R.A.C. de Coruxo, ás 12 da mañán.

No hay comentarios: