martes, 23 de noviembre de 2010

Premiados no II Concurso de Debuxo e Pintura Diego de Giráldez

No marco do I Encontro Cultural da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo celebramos a entrega de premios do II Concurso de Debuxo e Pintura Diego de Giráldez da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo. Concurso no que poden participar tódolos nenos e nenas, entre os 8 e os 14 anos, percentes a algunha das nosas entidades.
Os premios son adxudicados polo propio pintor, Diego de Giráldez; o que lle gusta ver o arte e a creatividade que os máis cativos irradian dende ben pequenos, e que ó longo dos anos imos perdendo. Podes ver tódolos premiados no albúm de fotos. Este ano os premiado no II Concurso de Pintura Diego de Giráldez da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, foron:
Categoría Pintura de 8 a 10 anos
  1. María Alonso (SCR Helios de Bembrive)
  2. Aldara Juste (SCR Helios de Bembrive)
  3. Marcos Bouza (SCR Helios de Bembrive)

Categoría Pintura de 11 a 14 anos

  1. Luisa Berridi (Lareira Teatro)
  2. Virginia Pardiñas (SCR Helios de Bembrive)
  3. Ana Trincado (SCR Helios de Bembrive)

Categoría Debuxo de 8 a 10 anos

  1. Sara Figueroa (Asociación Folclórica Andarela)
  2. Alejandra López (Asociación Folclórica Andarela)
  3. David González (Asociación Folclórica Os Ventos de Comesaña)

Categoría Debuxo de 11 a 14 anos

  1. Carla Figueroa (Asociación Folclórica Andarela)
  2. Oscar González (Asociación Folclórica Os Ventos de Comesaña)
  3. Mariluz López (Asociación Folclórica Andarela)
Xa podes ver os debuxos e pinturas de todos estes pequenos-grandes artístas no noso albúm de fotos.

lunes, 22 de noviembre de 2010

Teatro para nenos: "A extraña viaxe"

O próximo domingo 28 de novembro o Centro Cultural e Recreativo de Cabral acollerá a representación da obra de teatro para nenos "A extraña viaxe" a partir das 18:30.

Dentro do circuito de "Vigo a Escena" do Concello de Vigo a compañía de teatro Títeres en Acción fará a representación da súa obra "A Extraña viaxe" de Laura Barreiros. O domingo 28 de novembro a partir das seis e media da tarde, no auditorio do Centro Cultural e Recreativo de Cabral (Becerreira) unha das entidades federadas da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo.


Esta obra pensada especialmente para os máis cativos ten como personaxe protagonista a Marco, que axudado pola voz, personaxe da luz, percorrerá diversos aspectos da arte contemporánea. Coñecerá a Picasso e os seu famoso cadro "As señoritas de Avignon" e tamén a Van Gogh e os seus famosos xirasoles. A forma máis sinxela de aprender é fácelo mentras nos divertimos, polo que vos convidamos a que vexades "A extraña Viaxe"




sábado, 20 de noviembre de 2010

Homenaxe ó Gaiteiro 2010

Un ano máis o Centro Recreativo Artístico e Cultural de Coruxo organiza a Homenaxe á Gaiteiro. Será o vindeiro domingo 21 de novembro no Teatro Caixanova a partir das 18:00. Este ano ademáis do grupo Etnográfico A Buxaina, organizador da homenaxe, que este ano celebra o seu 25 aniversario. Participarán os grupos: Coro tradicional Cantares do Brion do Centro Cultural de Vincios e os Terribles de Donas. Auguramos que este ano será de novo un éxito.

jueves, 18 de noviembre de 2010

XXIII Festa do Cabazo

O domingo día 21 de novembro celebrarase, no Colexio Carballal de Vigo, a XXIII Festa do Cabazo.
A Asociación Cultural "O Coto" ven organizando esta festa gastronómica dende o ano 1984.
Desde as 11:30h actuacións de grupos folclóricos, degustación de todo tipo de pratos feitos con cabazo, exposición de artesanía. Unha festa que non te podes perder.