lunes, 22 de noviembre de 2010

Teatro para nenos: "A extraña viaxe"

O próximo domingo 28 de novembro o Centro Cultural e Recreativo de Cabral acollerá a representación da obra de teatro para nenos "A extraña viaxe" a partir das 18:30.

Dentro do circuito de "Vigo a Escena" do Concello de Vigo a compañía de teatro Títeres en Acción fará a representación da súa obra "A Extraña viaxe" de Laura Barreiros. O domingo 28 de novembro a partir das seis e media da tarde, no auditorio do Centro Cultural e Recreativo de Cabral (Becerreira) unha das entidades federadas da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo.


Esta obra pensada especialmente para os máis cativos ten como personaxe protagonista a Marco, que axudado pola voz, personaxe da luz, percorrerá diversos aspectos da arte contemporánea. Coñecerá a Picasso e os seu famoso cadro "As señoritas de Avignon" e tamén a Van Gogh e os seus famosos xirasoles. A forma máis sinxela de aprender é fácelo mentras nos divertimos, polo que vos convidamos a que vexades "A extraña Viaxe"




No hay comentarios: