martes, 23 de noviembre de 2010

Premiados no II Concurso de Debuxo e Pintura Diego de Giráldez

No marco do I Encontro Cultural da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo celebramos a entrega de premios do II Concurso de Debuxo e Pintura Diego de Giráldez da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo. Concurso no que poden participar tódolos nenos e nenas, entre os 8 e os 14 anos, percentes a algunha das nosas entidades.
Os premios son adxudicados polo propio pintor, Diego de Giráldez; o que lle gusta ver o arte e a creatividade que os máis cativos irradian dende ben pequenos, e que ó longo dos anos imos perdendo. Podes ver tódolos premiados no albúm de fotos. Este ano os premiado no II Concurso de Pintura Diego de Giráldez da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, foron:
Categoría Pintura de 8 a 10 anos
  1. María Alonso (SCR Helios de Bembrive)
  2. Aldara Juste (SCR Helios de Bembrive)
  3. Marcos Bouza (SCR Helios de Bembrive)

Categoría Pintura de 11 a 14 anos

  1. Luisa Berridi (Lareira Teatro)
  2. Virginia Pardiñas (SCR Helios de Bembrive)
  3. Ana Trincado (SCR Helios de Bembrive)

Categoría Debuxo de 8 a 10 anos

  1. Sara Figueroa (Asociación Folclórica Andarela)
  2. Alejandra López (Asociación Folclórica Andarela)
  3. David González (Asociación Folclórica Os Ventos de Comesaña)

Categoría Debuxo de 11 a 14 anos

  1. Carla Figueroa (Asociación Folclórica Andarela)
  2. Oscar González (Asociación Folclórica Os Ventos de Comesaña)
  3. Mariluz López (Asociación Folclórica Andarela)
Xa podes ver os debuxos e pinturas de todos estes pequenos-grandes artístas no noso albúm de fotos.

No hay comentarios: