lunes, 14 de marzo de 2011

Primeira fin de semana da II MOSTRA DE FOLCLORE

Doce grupos folclóricos, máis de trescentos bailaríns e músicos e cerca dun millar de persoas xuntaronse esta fin de semana na II Mostra Folclórica que organiza a Sede en Vigo da Deputación de Pontevedra, en colaboración coa Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo.

Esta fin de semana tiveron lugar a primeira e a segunda xornadas da II Mostra de Folclore Deputación de Pontevedra, no Centro Cultural de San Miguel de Oia, festival folclórico que a Sede da Deputación de Pontevedra organiza coa colaboración da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo.

Durante a xornada do sábado e a do domingo un total de doce grupos e case trescentos músicos e bailaríns pasaron por riba do esceario. Os grupos folclóricos que actuaron esta primeira fin de semana foron:
  • G.F: Vento Mareiro
  • A.F. Andarela
  • A.F. Corisco
  • A.F. Froles Novas
  • G.F. Feiticeiros
  • Grupo de baile Avelurio
  • Grupo de baile O noso lar
  • A.C. Traspés
  • G.F. Semente da arte galega
  • G.F. Rueiro
  • Grupo de baile Contomeleiros
  • G.F. Nautilius
O próximo domingo será a terceira edición desta II Mostra de Folclore que terá lugar no auditorio da Sociedade Cultural e Recreativa Helios de Bembrive a partir das 18:00h, coa participación dos seguintes grupos folclóricos:
  • G.F. Airiños do Coto
  • G.F. Atlántida de Matamá
  • G.F. Cotogrande de Cabral
  • A.F.C. Asubío
  • G.F. Ledicias de Valladares
  • A.F. Rebuldaina
Para por punto e final a esta II Mostra de Folclore, o sábado 26 de marzo, volvemos a cambiar a ubicación, terá lugar no Centro Cultural e Recreativo de Cabral (Becerreira) a partir das 19:30h, os grupos que participarán nesta última xornada son:
  • A.F.T. Os ventos de Comesaña
  • Grupo etnográfico A Buxaina
  • A.F. Xalgarete
  • Grupo de baile Helios
  • Grupo de baile Xinela
  • A.F. Lembranzas Galegas
Coa distribución da Mostra de Folclore en tres puntos xeográficos diferenciados da nosa cidade, logramos achegar a un maior número de cidadadán a cultura e o folclore galego.

Nas catro xornadas da II Mostra de Folclore, un toda de 24 grupos, máis de seiscentos bailaríns e músicos e máis dun millar de espectadores pasaran polos distintos escearios nos que se celebra a II Mostra de Folclore.

Dende a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo continuamos traballando pola cultura e o folclore vigués. Esta Mostra de Folclore que naceu hai un ano, por iniciativa da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo e que a Deputación de Pontevedra acolleu, este ano volve a repetir con catro grupos máis que no ano anterio e se espera chegar ós tinta grupos no ano que ven.

viernes, 11 de marzo de 2011

II MOSTRA DE FOLCLORE

Dende a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo continuamos traballando pola cultura e o folclore vigués. O próximo sábado dará comezo a II Mostra de Folclore Deputación de Pontevedra que organizamos en colabaración coa Sede en Vigo da Deputación de Pontevedra. En catro xornadas repartidas en tres Centros Culturais.
A Mostra de Folclore é unha iniciativa da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo acollida pola Deputación de Pontevedra, sede Vigo, que pretende realizar un festival de baile tradicional galego con tódolos grupos da cidade que queiran participar. Para así poder dar a coñecer e achegar á cidadanía o traballo e o mantemento do noso folclore que dende a cidade de Vigo se fan as distintas asociación folclóricas e centros culturais.
A primeira das xornadas será o sábado 12 de marzo no Centro Cultural de San Miguel de Oia a partir das 19:30h coa participación dos seguintes grupos de folclore:
  • G.F. Vento Mareiro
  • A.F. Andarela
  • A.F. Corisco
  • A.F. Froles Novas
  • G.F. Feiticeiros

Para a segunda xornada, o domingo 13 de marzo, repetimos tamén será no Centro Cultural San Miguel de Oia, pero nesta ocación a partir das 18:00h do serán, os grupos a participan son os seguintes:

  • Grupo de baile Avelurio
  • Grupo de baile O noso lar
  • A.C. Traspés
  • G.F. Semente da arte galega
  • G.F. Rueiro
  • Grupo de baile Contomeleiros

Na terceira xornada desta II Mostra Folclórica, o domingo día 20 de marzo, cambiamos o emplazamento, se realiza na Sociedade Cultural e Recreativa Helios de Bembrive a partir das 18:00h coa participación dos seguintes grupos folclóricos:

  • G.F. Airiños do Coto
  • G.F. Atlántida de Matamá
  • G.F. Cotogrande de Cabral
  • A.F.C. Asubío
  • G.F. Ledicias de Valladares
  • A.F. Rebuldaina

Para por o punto final a esta II Mostra de Folclore, o sábado 26 de marzo, volvemos a cambiar a ubicación, terá lugar no Centro Cultural e Recreativo de Cabral (Becerreira) a partir das 19:30h os grupos que participaran nesta xornada son:

  • A.F.T. Os ventos de Comesaña
  • Grupo Etnográfico A Buxaina
  • A.F. Xalgarete
  • A.F. Lembranzas Galegas
  • Grupo de baile Helios
  • Grupo de baile Xinela

Coa distribución da Mostra de Folclore en tres puntos xeográficos diferenciados da nosa cidade, logramos dar máis recoñecemento a este festival entre a cidadanía viguesa. Polo que agora só esperamos verte como participante ou ben como espectador nesta segunda edición da Mostra de Folclore.

martes, 8 de marzo de 2011

Curiosidades do Entroido Vigués

Dende a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, como parte organizadora do Entroido da cidade de Vigo, querémosvos explicar algunhas das particularidades do Entroido da nosa cidade.
O Entroido 2011 continúa coa recuperación das vellas tradicións. Pouco a pouco vanse incorporando novos elementos como a Grandiosa Comparsa, integrada pola Comitiva Rexia e a comitiva do Deus Momo, que percorren o Casco Vello e a contorna da praza de Compostela, lugar que daquela se convertía no centro de todas as cerimonias.


Os Merdeiros
Chegado o entroido, os mariñeiros da bisbarra de Vigo transformábanse en Merdeiros coa intención de expresar con máis forza as súas xenreiras co labregos. Para iso acostumaban a vestirse ao xeito de Escabicheiro (persoa do rural que recollía o escabiche e baleiraba os pozos-negros da cidade para estercar os seus campos) ridiculizando aqueles elemntos do traxe e aparellos máis significativos: o pucho, os símbolos e o farol; e esaxerando o seu comportamentos social tremendamente anárquico.
O Serán
Conécese como serán a unha celebración festiva que, noutrora, era organizada polas mulleres dalgún barrio ou aldea coa finalidade de interrelacionarse con mozos doutras comunidades veciñas. Nestas celebracións, eran as mozas da propia aldea as que se repartían en pequenos grupos (dúas ou tres) para facer música, acompañadas de pandeiretas; as restantes quedaban libres para bailar cos mozos da propia aldea ou chegados doutras mási ou menos próximas. Antropoloxicamente, este tipo de celebracións propiciaban a relación entre as diferentes comunidades evitando así a endogamia.






miércoles, 2 de marzo de 2011

As carrozas ultiman os detalles

Faltan pouco máis de dous días para o gran desfile de comparsas do Entroido de Vigo e as comparsas ultiman os seus detalles, dan os últimos brochazos de pintura nas carrozas e as últimas puntadas nos disfraces para que o sábado ás seis da tarde todo esté perfecto.

Hoxe visitamos a Sociedade Cultural Atlántida de Matamá, un dos centros culturais federados da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo. Atlántida de Matamá é unha das 33 comparsas que desfilarán o próximo sábado 5 de marzo celebrando o Entroido nas rúas da cidade.


Dende o día despois de reis levan traballando na creación das súas carrozas e dos disfraces para a comparsa que este ano é Antartida 3011. Temática que elixiron para denunciar o cambio climático que está a suceder no noso planeta e a guerra do petroleo que se está a levar na Antártida.

"Todo o que aquí facemos é artesanal, todo é feito a man" comentábanos Celia, unha das modistas; dez mulleres levan confeccionando os variados traxes que lucirá a comparsa dende hai tres meses. "Sesenta días para facer máis de oitenta disfraces, non temos tempo nin para facer un por día" decíanos Pilar, xefa das cosuteiras que confeccionan os disfraces que hoxe cosían os últimos detalles dos seus disfraces. O delegado de cultura dicíanos que hoxe reían, que estos días "nin falaban, podíanse cortar o aire, co empeño que lle poñía os seu traballo, hoxe polo menos xa falan"

Máis de oitenta compoñentes forman parte da comparsa da Atlántida de Matamá, entre os tres e os sesenta e cinco anos, que con ilusión levan traballando día tras días para poder lucir os seus traxes e ás suas carrozas e poder levar un dos primerios premios senón é o primeiro.

Tamén estábanse a dar as útimas pinceladas ás corrozas, este ano Atlántida de Matamá leva dúas carrozas, unha representando a Atártida actual e a outra imaxinando como será a futura Antártida no 3011 co seu hotel e casino incluidos.

Unha das mellores cousas que podemos facer é asistir o desfile de comparsas o próximo sábado e disfrutar con eles do traballo que realizaron durante estos tres meses.