jueves, 28 de abril de 2011

25 aniversario del Centro Cultural e Recreativo de Cabral

Son 25 os anos que o Centro Cultural e Recreativo de Cabral leva traballando pola cultura desta parroquia, e facendo mais amenas as horas para os seus veciños.



Dende o 1986 , este centro cultural leva organizando actos, festivales, cursos, ...mellorando en cada día que pasa. Tempo e tempo de traballo, concretamente 25 anos cheos de traballo, pero tamén de alegrías e momentos inolvidables. Por iso a directiva deste centro cultural decidiron celebrar o 25 aniversario, con diferentes actos durante os meses de abril e mayo


Nesta celebración habrá actuacións de diferentes grupos, corales, comida,...os días e a orde dos actos será a seguinte:




- Venres 29 de abril, as 15:00 horas




O programa de Radio Vigo "La terraza" en directo, desde o salón de actos do centro cultural




- Domingo 1 de mayo, as 18:00 horas




Actuacións da escola de música tradicional; grupo de gaitas fume de caroso"; grupo de bailes latinos e grupo de baile moderno




- Sábado 7 de mayo, as 20:00 horas




Actuación de la Coral "Casablanca". Entregaránse placas conmemorativas




- Domingo 15 de mayo, as 14:00 horas




Comida de confraternidade, amenizada pola actuación do cómico Alberto Cunha seguida por un baile




O prezo desta comida será de 28 euros por persoa, para os menores de 12 anos, serán 14 euros




A fecha límite para anotarse e pagar é o martes 10 de mayo







Dende a agrupación nada máis que desexarlle un feliz 25 aniversario, esperando que cumpran moitos máis e que todo sala baixo o previsto.

martes, 26 de abril de 2011

Centro Cultural e Recreativo de Cabral

Un Centro Cultural que naceu dun grupo de amigos, no ano 1986, con moita ilusión por traballar, e organizar actos para o disfrute dos veciños desta parroqua viguesa.







No ano 1986, un grupo de amigos que formaban parte dunha peña, formaron o centro Recreativo e Cultural de Cabral, aínda que non foi ata o ano 1991 cando inauguraron un local propio, no que poder desenrolar as súas actividades.



Dende o primeiro momento, o longo de todo o ano, este centro cultural realiza actos como: carnavais, festivais de folclore, concertos de bandas de música, teatro, letras galegas, excursión do socio, xuntanzas folclórica, cine, outono cultural, baile de fin de ano e baile de reis, e como non a coñecida Romaría de Pan de Millo.



Esta última, é recoñecida coma Festa Gastrómica pola Xunta de Galicia; Festa de interese cultural e está incluída entre as Festas de Vigo.



Entre a directiva está a Vocalía da muller que organiza cursos como o de labores, aerobic, pintura en tea e bailes latinos. A Vocalía Xuvenil con clases de apoio escolar, actos para cativos e adolescentes,...



Como podedes ver, neste Centro Cultural e Recreativo de Cabral temos unha gran directiva con ganas de traballar e ir cada día a máis.

martes, 19 de abril de 2011

Concurso Gaiteiro Solista

O día 30 de abril celebraráse a primeira edición do concurso de Gaiteriros Solistas, será as 20:00 horas, no auditorio municipal do concello de Vigo.





Oito serán os gaiteiros que participarán na 1ª edición do concurso de Gaiteiros Solistas, organizado pola Agrupación de Centros Culturais e Deportivos de Vigo, e patrocinado polo concello de Vigo.



Os artistas que participarán farano vestidos con traxe tradicional galego e acompañados por un bombo e un tambor, interpretando pezas que eles mesmos elixiron. Cada actuación durará entre 5 minutos como mínimio e 8 como máximo.



Neste concurso só haberá unha categoría, e participarán gaiteiros de calquer idade. Estes artistas serán evaluados por un xurado formado por personalidades de recoñecido prestixio no mundo da música e un representante do concello de Vigo. Os premios os que os concursantes optan son tres: o primeiro: 2000 euros; o segundo: 1000 euros e o terceiro: 500 euros. Cabe destacar que pola decisión do xurado, algún dos premios pode quedar deserto.



O prazo de inscripción cerrouse o día 1 de abril. Ata ese día os gaiteiros participantes entregaron a folla de inscripció, as partituras das pezas e o seu curriculum.



Nada máis decirrles que dende a Agupación de Centros Culturais e Deportivos de Vigo, se acheguen a ver este fermosso acto, para desfrutar dunhas boas interpretacións de música galega.

jueves, 14 de abril de 2011

Coñecendo a nova directiva do Centro Cultural "Helios" de Bembrive

Unha directiva chea de xente nova e ilusionada por coller as rendas do Centro Cultural Helios de Bembrive, esa foi a reunión que mantivemos algúns directivos da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais este pasado luns en Bembrive; co motivo de coñecelos e afianzala relación entre as dúas directivas.




Gracias a este encontro coñecemos a varios dos novos directivos deste centro cultural, entre estes estaba o presidente, Marcelino Barreiro Fernández; o secretario, Alejandro Pérez Davila; a vicesecretaria, Beatriz González Lamas; o tesoreiro, Jose Manuel Carballo Vázquez; e o directivo pertencente a comisión de deportes, Eduardo Vila Pereira.

Na reunión tratamos temas como a composición e organización da directiva; os proxectos que teñen entre mans e as ideas xa plantexadas. Dende a directiva da Agrupación explicámoslles todo o que as duas directivas teñen en común; os nosos actos para este ano 2011, e por suposto non faltou o ofrecemento da nosa axuda para todo o que necesiten.

O reparto de directivos e tarefas é a seguinte. Esta directiva está formada por seis seccións. Cada sección está formada por directivos e separadas por tarefas. Unha boa forma de que cada persoa se centre en obxectivos concretos para dar o máximo.

- Xunta executiva, formada por:

- presidente

- vicepresidente

- secretario

-vicesecretaria

- tesorero

- vicetesorero


- Xunta de xestión

- Comisión de patrimonio

- Xunta de benestar

- Comisión de deportes

- Relacións públicas

Non cabe dúbida de que esta xoven directiva, na que a media de idade non sobrepasa os 30 anos, está cargada de enerxía e cualidades para afrontar esta nova etapa do Centro Cultural Helios de Bembrive.

Dende a agrupación non temos máis que desexarlle boa sorte e ánimos nesta nova andaina, dándolle unha gran benvida e ofrecéndolles todo o noso apoio; o igual que o resto das directivas que levan as entidades que conforman esta Agrupación de Centros Culturais e Deportivos.

lunes, 11 de abril de 2011

Encontros folclóricos

Este pasado domingo, día 10 de abril, celebrouse a II xornada do Encontro Folclórico deste ano 2011. Tivo lugar no C.C.R. Becerreira de Cabral, no que actuaron catro grupos folclóricos.

O Encontro Folclórico da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo nace no ano 2005, pou unha proposta do noso presidente Roberto Giráldez. O obxectivo principal deste Encontro Folclórico e dar a coñecer a cidadanía os grupos folclóricos que forman parte da nosa cultura e pertencen a esta Agrupación. Asemesmo, axudar a reforzar as relacións entre os participantes deste acto.

Nos seu comezo o Encontro Folclórico realizábase unha vez o ano; pero neste ano 2011 realizaránse catro festivais o longo de todo ano, en diferentes centros culturais e con diferentes grupos folclóricos.

Duas destas xornadas xa se realizaron o día 27 de febreiro e o 10 de abril; no S.C.D.R.Helios de Bembrive e no C.C.R. Becerreira de Cabral, respectivamente.

Dende a agrupación queremos convidalos, os dous Encontros Folclóricos que se celebrarán os días 8 de maio e 25 de setembro.



  • 8 Maio


  • Lugar: S.R.D. Atlántida de Matamá


  • Hora: 18:00


  • Grupos participantes:


  • A.F.Andarela


  • A.F.Airiños do Coto


  • A.C.M Os trasnos da Gaita


  • G. Folclórico da S.R.D. Atlántida de Matamá


  • 25 de Setembro


  • Lugar: C.A.R. de Valadares


  • Hora: 18:00


  • Grupos participantes:


  • A.F.Froles Novas


  • A.F.T.Os ventos de Comesaña


  • G. Folclórico ledicias do C.A.R. de Valadares

Nada máis decirlles, que esperamos que disfruten destes Encontros Folclóricos, así como de tódalas actividades deportivas e culturais que a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, organizamos con toda a nosa ilusión, e nas que intentamos mellorar día a día.