martes, 19 de abril de 2011

Concurso Gaiteiro Solista

O día 30 de abril celebraráse a primeira edición do concurso de Gaiteriros Solistas, será as 20:00 horas, no auditorio municipal do concello de Vigo.





Oito serán os gaiteiros que participarán na 1ª edición do concurso de Gaiteiros Solistas, organizado pola Agrupación de Centros Culturais e Deportivos de Vigo, e patrocinado polo concello de Vigo.



Os artistas que participarán farano vestidos con traxe tradicional galego e acompañados por un bombo e un tambor, interpretando pezas que eles mesmos elixiron. Cada actuación durará entre 5 minutos como mínimio e 8 como máximo.



Neste concurso só haberá unha categoría, e participarán gaiteiros de calquer idade. Estes artistas serán evaluados por un xurado formado por personalidades de recoñecido prestixio no mundo da música e un representante do concello de Vigo. Os premios os que os concursantes optan son tres: o primeiro: 2000 euros; o segundo: 1000 euros e o terceiro: 500 euros. Cabe destacar que pola decisión do xurado, algún dos premios pode quedar deserto.



O prazo de inscripción cerrouse o día 1 de abril. Ata ese día os gaiteiros participantes entregaron a folla de inscripció, as partituras das pezas e o seu curriculum.



Nada máis decirrles que dende a Agupación de Centros Culturais e Deportivos de Vigo, se acheguen a ver este fermosso acto, para desfrutar dunhas boas interpretacións de música galega.

No hay comentarios: