jueves, 14 de abril de 2011

Coñecendo a nova directiva do Centro Cultural "Helios" de Bembrive

Unha directiva chea de xente nova e ilusionada por coller as rendas do Centro Cultural Helios de Bembrive, esa foi a reunión que mantivemos algúns directivos da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais este pasado luns en Bembrive; co motivo de coñecelos e afianzala relación entre as dúas directivas.




Gracias a este encontro coñecemos a varios dos novos directivos deste centro cultural, entre estes estaba o presidente, Marcelino Barreiro Fernández; o secretario, Alejandro Pérez Davila; a vicesecretaria, Beatriz González Lamas; o tesoreiro, Jose Manuel Carballo Vázquez; e o directivo pertencente a comisión de deportes, Eduardo Vila Pereira.

Na reunión tratamos temas como a composición e organización da directiva; os proxectos que teñen entre mans e as ideas xa plantexadas. Dende a directiva da Agrupación explicámoslles todo o que as duas directivas teñen en común; os nosos actos para este ano 2011, e por suposto non faltou o ofrecemento da nosa axuda para todo o que necesiten.

O reparto de directivos e tarefas é a seguinte. Esta directiva está formada por seis seccións. Cada sección está formada por directivos e separadas por tarefas. Unha boa forma de que cada persoa se centre en obxectivos concretos para dar o máximo.

- Xunta executiva, formada por:

- presidente

- vicepresidente

- secretario

-vicesecretaria

- tesorero

- vicetesorero


- Xunta de xestión

- Comisión de patrimonio

- Xunta de benestar

- Comisión de deportes

- Relacións públicas

Non cabe dúbida de que esta xoven directiva, na que a media de idade non sobrepasa os 30 anos, está cargada de enerxía e cualidades para afrontar esta nova etapa do Centro Cultural Helios de Bembrive.

Dende a agrupación non temos máis que desexarlle boa sorte e ánimos nesta nova andaina, dándolle unha gran benvida e ofrecéndolles todo o noso apoio; o igual que o resto das directivas que levan as entidades que conforman esta Agrupación de Centros Culturais e Deportivos.

No hay comentarios: