martes, 26 de abril de 2011

Centro Cultural e Recreativo de Cabral

Un Centro Cultural que naceu dun grupo de amigos, no ano 1986, con moita ilusión por traballar, e organizar actos para o disfrute dos veciños desta parroqua viguesa.







No ano 1986, un grupo de amigos que formaban parte dunha peña, formaron o centro Recreativo e Cultural de Cabral, aínda que non foi ata o ano 1991 cando inauguraron un local propio, no que poder desenrolar as súas actividades.



Dende o primeiro momento, o longo de todo o ano, este centro cultural realiza actos como: carnavais, festivais de folclore, concertos de bandas de música, teatro, letras galegas, excursión do socio, xuntanzas folclórica, cine, outono cultural, baile de fin de ano e baile de reis, e como non a coñecida Romaría de Pan de Millo.



Esta última, é recoñecida coma Festa Gastrómica pola Xunta de Galicia; Festa de interese cultural e está incluída entre as Festas de Vigo.



Entre a directiva está a Vocalía da muller que organiza cursos como o de labores, aerobic, pintura en tea e bailes latinos. A Vocalía Xuvenil con clases de apoio escolar, actos para cativos e adolescentes,...



Como podedes ver, neste Centro Cultural e Recreativo de Cabral temos unha gran directiva con ganas de traballar e ir cada día a máis.

No hay comentarios: