sábado, 9 de enero de 2010

I Concurso de Rondallas, Deputación de Pontevedra


O día 3 de Xaneiro do presente ano celebrouse no IFEVI o I Concurso de Rondallas celebrado pola Deputación de Pontevedra en colaboración coa Agrupación de Centros Deportivos e Culturais.

Durante a tarde do domingo se congregaron no pabeión do Instituto Feiral preto de 8.000 persoas que desfrutaron do maior concurso de rondallas celebrado en Galicia con 1.000 integrantes pertencentes a 12 rondallas da cidade e do sur da provincia.

O desarroio do concurso foi todo un éxito e estivo a altura da expectación xerada durante as semanas previas. Tanto o numeroso público asistente como o alto nivel das rondallas fixeron que que se vivira unha tarde única e vribrante no IFEVI.

Ó final e pese a forte competencia existente, a rondalla do Centro Cultural de Bembrive proclamouse como a vencedora do I Concurso de Rondallas Deputación de Pontevedra, seguida da rondalla de Santa Eulalia de Atios en segundo lugar e Santa Eulalia de Mos en terceiro.

O vicepresidente da Deputación, Chema Figueroa aproveitou ao remate do concurso para felicitar as diferentes entidades e persoas que fixeron posible que o I Concurso de Rondallas fora un éxito e adiantou que a Deputación seguirá financiando o concurso e apoiando á cultura nos vindeiros anos.