jueves, 28 de febrero de 2013

Curso básico de Fotografía Dixital

¿A que non lle gusta recordar bonitos momentos con fotos? Seguro que todos temos unha cámara de fotos que non sabemos usar demasiado ben, cousa que se resolvería con ir a un cursiño de fotografía. O C.C. Rueiro ofrecénos a posibilidade de asistir o curso de básico de Fotografía Dixital, que está organizando.

Todos aqueles que queiran anotarse, poden facelo nas oficinas da secretaría do C.C. Rueiro, os mércores e xoves de 18 a 20 horas.
O cursiño será os sábados 2 e 9 de marzo, de 10 a 12 horas. O primeriro día, será sesión teórica e o segundo traballarase teórico práctico.
Por soamente 3 euros os socios, e 5 euros os non socios, poderedes aprender o funcionamento dunha cámara fotográfica, algo que a todos nos gustaría. 

O C.C. Rueiro, ofrécenos a posibilidade de aprender dunha forma fácil, sinxela e económica. Apurade, pois quedan poucas plazas.

lunes, 25 de febrero de 2013

ACDC nas Redes Sociais


Difusión da cultura e o deporte na cidade de Vigo e arredores; ser a axenda cultural de referencia; organizar os maiores actos da cidade...estos foros, son e serán os obxetivos e as funcións da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo o longo da nosa traxectoria. 

Ano tras ano, a Agrupación intentamos avanzar e mellorar nas nosas actividades, aumentamos o número de colectivos que nos forman; realizamos máis actos para cada un dos grupos que forman estas entidades; ofrecemos mellor calidad en cada una das actividades realizadas...

Darse a coñecer e ofrecer información cultural e deportiva é uno dos nosos obxetivos dende fai tempo. Por iso, pouco a pouco fomos introducindo á Agrupación nas redes sociais e no mundo internauta, de forma que podades atopar as nosas novass ó momento, en calquera  lugar e de forma fácil.

O blog, twiter, facebook ou esta propia web, son os medios de comunicación e de difusión diarios da agrupación; sin olvidar os carteis, os trípticos, a prensa escrita e  a radio nos nosos actos e actividades.
Varias son as formas coas que podes seguirnos e estar ó día; os enlaces e direccións son as seguientes:
Twiter: @ACDC_Vigo
Páxina de Facebook: Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo

Como podes ver, non só nos mantenemos o día na información que vos ofrecemos , se non que tamén buscamos as mellores formas de ofrecer as noticias. Así que non o dubides, "Dalle o Me Gusta" e síguenos nas nosas redes sociais.

viernes, 22 de febrero de 2013

Día de Andalucía no CVC de Valladares

 Moitas son as persoas que practican baile sevillano, e outros tipos de danza andaluza.; aprenden en escolas da cidade adicadas a bailes galegos e de outras comunidades. Para toda esta xente, e para os que lles interese, o CVC de Valladares organiza, o día de Andalucía.
A Casa de Andalucía en Vigo, coa colaboración da área de cultura do CVC de Valladares; Xunta de Andalucía e o Concello de Vigo; organiza mañán, sábado 23 de febreiro ás 19 horas, no auditorio do CVC de Valladares o Día de Andalucía.
Actuarán os grupos de danza Candela e Retos del Sur e o Coro Rociero da casa de Andalucía en Vigo: Aires Andaluces.

A entrada será libre, ata completar aforo, así que non o dubidedes e achegádevos a disfrutar da cultura andaluza na parroquia viguesa de Valladares.

miércoles, 20 de febrero de 2013

Festival Musical no C.C.A. Rueiro

O CCA Rueiro, continúa organizando actos e actividades para tódolos veciños e veciñas que queiran pasar unhas tardes de inverno animadas e entretidas, con diferentes tipos de eventos.

Juan y su Guitarra, será o artista que nos fará disfrutar dunha gran actuación musical, na que cantará e tocará a sua guitarra coma ninguén sabe facelo.
Este festival será o próximo domingo, 24 de febreiro, ás 19 horas no salón de actos do Complexo Parroquial do Cristo da Vitoria.

A directiva do Centro Cultural e Artístico Rueiro, convídanos a todos a asistir o Festival Musical 2013.

martes, 19 de febrero de 2013

Cursiños de inglés, fotografía, relaxación e reciclaxe no CVC de Valladares

O CVC de Valladares, co seu de afán de realizar actividades; organiza catro novos cursiños os que nos poden asistir tanto socios, comos os que non son socios deste Centro Cultural e Veciñal.

Inglés, reciclaxe, relaxación e fotografía, todas elas actividades moi importantes no mundo no que vivimos. O CVC de Valladares axúdanos a manternos activos, sans e ensínanos a aforrar.
Os cursiños que nos ofrece son os seguintes:
- Curso de reciclaxe
- Curso de inglés
- Curso de relaxación
- Curso de fotografía
Para anotaros en calquera dos cursiños, podedes facelo anotándovos na oficina do CVC de Valladares. As actividades comezarán cando se cubran as prazas, por estricto orde de inscripción; así que non o dubidedes a apurade para anotarvos.
Animádevos e participade nestes fantásticos cursos, que o CVC de Valladares organiza para todos nós.

Faloidoiro de libros, da colección "A igualdade Conta"

O Centro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo, coa colaboración do Concello de Vigo organiza un Faladoiro, sobre a colección de libros infantís "A igualdade Conta".

Hoxe, martes 19 de febreiro, ás 19 horas, no Centro de Documentación Feminista de Vigo, na biblioteca pública central; terá lugar o faladoiro o que poderedes asistir todos os que quierades.
Os libros sobre os que se falarán son os pertencentes a colección "A igualdade Conta", da editorial Embora, e que son os seguintes:
- A urna dos desexos
- O segredo de Flora
- Teño duas casas
- O país dos mandóns
- Iriña bailarina
- CCanto te quero ,profe!

Se queredes pasar un bo rato, falando e dialogando nun ambente distendido, achegádevos a este Faladoiro.

lunes, 11 de febrero de 2013

Boletín informativo de xaneiro da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo

Como novidade deste ano 2013, a Agrupacion de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, contamos cun boletín mensual.

Información cultural, deportiva, novidades e moito máis; toda ela referente a Agrupación e os colectivos que a compoñen.
Trátase dunha forma de ensinar o noso traballo a poboación, ademáis de achegarnos a xente de Vigo e arredores. 
Un método máis de comunicación, sumado o facebook; twiter, blog e páxina web:
- http://www.centrosculturaisvigo.es/Noticias.aspx
- www.facebook.com/CentrosCulturaisVigo?ref=hl
- @ACDC_Vigo


jueves, 7 de febrero de 2013

Entroido 2013

Disfraces, música e moita festa...Unha das épocas máis divertidas do ano xa chegou. O entroido, días nos que as ruas se tiñen do cores para dar paso as comparsas e os grupos de nenos e maiores que ilusionados amosan o seu disfraz a persoas que os rodean.

Mañán, comezará o entroido de Vigo, no que a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, outro ano máis somos organizadores.
Concurso de coplas e disfraces, desfile de comparsas, a queima do meco, verbenas, animación polas ruas...moitas son as cousas que nos agardan e que sucederán nestes seis días de festa.
Podedes ver toda a programación na nosa páxina web http://www.centrosculturaisvigo.es/Eventos.aspx

Rematade o voso disfraz, porque non vos podedes perder unhas das festas máis divertidas da cidade de Vigo. A Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo xa estamos preparados, e vos ¿estades preparados?