martes, 19 de febrero de 2013

Cursiños de inglés, fotografía, relaxación e reciclaxe no CVC de Valladares

O CVC de Valladares, co seu de afán de realizar actividades; organiza catro novos cursiños os que nos poden asistir tanto socios, comos os que non son socios deste Centro Cultural e Veciñal.

Inglés, reciclaxe, relaxación e fotografía, todas elas actividades moi importantes no mundo no que vivimos. O CVC de Valladares axúdanos a manternos activos, sans e ensínanos a aforrar.
Os cursiños que nos ofrece son os seguintes:
- Curso de reciclaxe
- Curso de inglés
- Curso de relaxación
- Curso de fotografía
Para anotaros en calquera dos cursiños, podedes facelo anotándovos na oficina do CVC de Valladares. As actividades comezarán cando se cubran as prazas, por estricto orde de inscripción; así que non o dubidedes a apurade para anotarvos.
Animádevos e participade nestes fantásticos cursos, que o CVC de Valladares organiza para todos nós.

No hay comentarios: