jueves, 28 de febrero de 2013

Curso básico de Fotografía Dixital

¿A que non lle gusta recordar bonitos momentos con fotos? Seguro que todos temos unha cámara de fotos que non sabemos usar demasiado ben, cousa que se resolvería con ir a un cursiño de fotografía. O C.C. Rueiro ofrecénos a posibilidade de asistir o curso de básico de Fotografía Dixital, que está organizando.

Todos aqueles que queiran anotarse, poden facelo nas oficinas da secretaría do C.C. Rueiro, os mércores e xoves de 18 a 20 horas.
O cursiño será os sábados 2 e 9 de marzo, de 10 a 12 horas. O primeriro día, será sesión teórica e o segundo traballarase teórico práctico.
Por soamente 3 euros os socios, e 5 euros os non socios, poderedes aprender o funcionamento dunha cámara fotográfica, algo que a todos nos gustaría. 

O C.C. Rueiro, ofrécenos a posibilidade de aprender dunha forma fácil, sinxela e económica. Apurade, pois quedan poucas plazas.

No hay comentarios: