miércoles, 6 de marzo de 2013

Actos conmemorativos os 150 anos de Cantares Galegos

 Rosalía de Castro foi, é e será unha lenda, non se trata soamante dunha figura importante para o galego e a sua difusión o longo da historia. Por todos estes motivos, o Concello de Vigo, quere render homenaxe a estes 150 anos de Cantares Galegos.

Fai 150 anos, con moito esforzo e sabiduría, esta muller galega realizou unha obra que permacería viva o longo dos anos.
Moitos son os actos, actividades e homenaxes que o Concello ten preparados durante estes meses, para que rememorar a este gran personaxe galego. 
O programa que se levará a cabo no mes de marzo será o seguinte:
- Venres, 8 de marzo- Día Internacional da Muller
10:00, no Concello de Vigo: Pleno do Consello Municipal da Muller
17:00, no CRAC de Coruxo; e ás 19:00, na ludoteca de Valladares: Contacontos- Rosalía, unha meniña

- Sábado, 9 de Marzo
20:00, na Praza da Constitución: Festa polo Día Internacional da Muller

- Venres, 15 de Marzo
17:00, no C.C. Beade; e ás 18:30, no C.C. Nautilus de Comesaña:  Contacontos- Rosalía, unha meñina

- Sábado, 16 de Marzo
11:30, no Mercado do Calvario: lecturas nos mercados

- Xoves, 21 de Marzo: Día Mundial da Poesía
19:00, na Farola de Urzaiz: Rosalía noutras linguas

- Venres, 22 de Marzo
20:00, audición das Escolas Municipais de Música

- Sábado, 23 de Marzo
11:30, no Mercado de Teis: lectura nos mercados

Como podedes ver un mes de marzo cheo de pequenos homenaxes a esta gran autora, para que toda a cidadanía poidamos participar e rememorala.
Dende o mes de feberiro ata o mes de maio, haberá eventos tódalas semanas. A Agrupación, vos manteremos informados, de todos eles para que poidades asistir e participar. Pois todos temos moito que agradecer a Rosalía de Castro.

No hay comentarios: