viernes, 22 de marzo de 2013

Convenio de colaboración entre a FEAF e ACDC


Novos proxectos, innovación, un ano 2013 cheo de grandes eventos e novidades, mantendo sempre os nosos obxectivos: difundir a cultura e o deporte na nosa cidade e  máis alá.


A pasada fin de semana, a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo comezou unha nova andaina coa firma dun convenio de colaboración entre a FEAF (Federación Española de Agrupacións de Folclore) e nós, a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo.
Pedro Asuar, presidente da FEAF e Roberto Giráldez, presidente desta  Agrupación, foron os encargados de firmar o convenio.

Un convenio que permitirá que ambos colectivos compartamos traballos de investigación sobre a música e a danza tradicional en Galicia e en outras comunidades autónomas. Ademáis de traballar no intercambio dos nosos grupos folclóricos, con outros grupos do territorio nacional.

É unha satisfacción  que a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, sexamos coñecidos polos nosos compañeiros de agrupacións folclóricas de toda España. 

No hay comentarios: