viernes, 27 de septiembre de 2013

Axenda Cultural Fin de Semana

IX ENCONTRO FOLCLÓRICO (Terceira Parte)

Despois do éxito da segunda parte do IX Encontro Folclórico, celebrado o pasado Abril no auditorio do CVC Valladares, a terceira parte xa está ahí, para facernos disfrutar a todos de novo, cos grandes grupos e grandes artistas que actuarán.

Esta vez será o Centro Cultural e Recreativo de Cabral o que acolla esta penúltima edición do Encontro Folclórico, que terá lugar este domingo 29 de setembro a partir das 18h

Os grupos folclóricos: O Coto, Atlántida (Matamá), Traspés e Cotogrande (Cabral) son os que paraticipán neste Encontro Folclórico que organizamos dende a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo.

O Encontro Folclórico, trátase dunha perfecta ocasión para disfrutar dos grupos folclóricos da cidade de Vigo, grazas os seus bailes, os seus traxes, a súa posta en escea. Ademáis de para valorar o traballo que durante todo o ano realizan.

A Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, invitámosvos a terceira parte do IX Encontro Folclórico, á que non podedes faltar. 

Esperámosvos!

Para máis información ver a nosa páxina web: www.centrosculturaisvigo.es



NAVIA, PARQUE D'ARTE 2013

Este 28 e 29 de setembro imos ter no barrio de Navia un festival de Arte, co nome de "Navia Parque D'arte", aberto ao público de Vigo en xeral. As actividades irán dende as 10 da mañá do sábado ata as 21 h do domingo.

O acto está organizado pola Asociación Veciñal NovoVigo e coa colaboración do Concello de Vigo e da nosa Agrupación de Centros Deportivos e Culturais entre outros.

Unha das actividades das que poderedes gozar é de ver a actuación de dous grupos folclóricos de entidades asociadas coa nosa agrupación, neste caso serán: Vos ventos e Danzas do Mundo.

Para máis información: info@avvnovovigo.org ou www.avvnovovigo.org




CONTACONTOS NO CVC VALLADARES


Hoxe, venres 27 de setembro, na biblioteca do CVC de Valladares hai Contacontos a partir das 18:30h para todos aqueles nenos e nenas que queiran asistir.


CONCERTO DIDÁCTICO E PRESENTACIÓN DO LIBRO-CD MANÜELE

Hoxe, Venres 27 de setembro, na sede de O Fiadeiro hai un Concerto didáctico e presentación do libro-cd MANÜELE...de pandeireta e canto tradicional, Autor: Xandre Outeiroda editorial "Ediciones Intermitentes"

O acto terá lugas ás 20.30h. A entrada é de balde ata cubrir aforo.

Ide a pasar un bo rato!


Máis información en ofiadeiro@ofiadeiro.com ou en www.ofiadeiro.com. Se non chamade a: 629 585 355





II 10Km PRAIA SAMIL

A carreira popular "10 k Praia de Samil" disputarase este domingo 29 de setembro a partir das 11h. Este ano o circuíto foi homologado pola Federación Española.

Para máis información visitar a web www.10kpraiadesamil.com 

viernes, 20 de septiembre de 2013

Axenda Cultural Fin de Semana

XXV XUNTANZA FOLCLÓRICA (O COTO)




O sábado a asociación O Coto organiza a XXV edición da Xuntanza Folclórica. Esta terá lugar no colexio de Carballal a partir das 20:30h. E contarán coa participación de grupos foráneos ademais de locais. Todo isto acompañado dunha chocolatada para todos asistentes ao final da Xuntanza. Animarvos!





I FESTIVAL FOLCLÓRICO "QUEIXUMES"


A Agrupación de Centros Deportivos e Culturais colabora co I Festival Folclórico "Queixumes" que se realiza este sábado 21 de setembro a partir das 18h na Asociación de Veciños de A Salgueira. Actuarán os seguintes grupos:


A.FQueixumes



G.FCotogrande do C.C.RCabral



A.FLembranzas Galegas



OBRADOIRO DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES

O Fiadeiro, unha das nosas entidades asociadas organiza, en colaboración co concello de Vigo, un obradoiro que terá por temática as "A Igualdade de Oportunidades".


Tal e como aparece no cartel que podedes ver a continuación, este desenvolverase de forma práctica e mediante actividades en grupo.


O horario é Venres de 18 h a 21 h e Sábado de 10:30h a 13h. O prezo é de cinco euros para non socios e gratuíto para socios.


Para máis información chamade a 629 585 355 ou enviade un email a: ofiadeiro@ofiadeiro.com


ACTUACIÓN DE O FIADEIRO EN REDONDELA NO CICLO DANZA 3


A Agrupación O Fiadeiro actúa este domingo 22 de setembro dentro do ciclo DANZA 3 - Folclore . A actuación é na Pista da Xunqueira (Redondela) as 19h e a entrada: de balde.


viernes, 13 de septiembre de 2013

Axenda Cultural Fin de Semana

OBRADOIRO DE HABILIDADES SOCIAIS E AUTOESTIMA.

O Fiadeiro, unha das nosas entidades asociadas organiza, en colaboración co concello de Vigo, un obradoiro que terá por temática as "Habilidades Sociais e a Autoestima".


Tal e como aparece no cartel que podedes ver a continuación, este desenvolverase de forma práctica e mediante actividades en grupo.

O horario é Venres de 18 h a 21 h e Sábado de 10:30h a 13h. O prezo é de cinco euros para non socios e gratuíto para socios.


Para máis información chamade a 629 585 355 / 986 253 585 ou enviade un email a: ofiadeiro@ofiadeiro.com


ACTUACIÓN DE O FIADEIRO EN SOBER (LUGO) NO CICLO DANZA 3



A Agrupación O Fiadeiro actúa este sábado 14 de setembro dentro do ciclo DANZA 3 - Folclore na rúa en Sober (Lugo). A acutación é as 19h na Praza do Toural Sober (Lugo) e a entrada: de balde.


CICLO DE CINE DO CVC DE VALLADARES





Hoxe e mañá no centro veciñal e cultural de Valladares organízase un ciclo de cine en homenaxe a Roberto Vidal Bolaño.


Por iso hoxe, Venres, 13 de setembro de 2013, ás 19:00 h. proxectarase "Sempre Xonxa", de Chano Piñeiro mentres que mañá Sábado, 14 de setembroás 19:00 h. proxectarase "A lingua dás bolboretas", de José Luis Cuerda.






A XII Volta Ciclista a Galicia sae dende Vigo hoxe 13 de setembro.


Dende hoxe venres 13 ata o domingo 15 de setembro celébrase a duodécima edición Volta a Galicia. Vigo acollerá o primeiro corte de fita hoxe ás 14.00 na Porta do Sol e o percorrido a partir de alí será por Elduayen, Paseo de Alfonso XII, Pi i MargallLópez Mora, Praza de América, Avda. Castelao, Avda. Europa e Avda. Samil.

A entrada producirase aproximadamente ás 17.00 por Avda. Aeropuerto, Subida á Madroa, Angel de Lema e Marina, Avda. Buenos Aires, Sanjurjo Badía, García Barbón, Policarpo Sanz e Puerta del Sol.

A segunda xornada será polas bisbarras de Ulla e Santiago e a terceira e última etapa rematará en A Coruña.


viernes, 6 de septiembre de 2013

Axenda Cultural Fin de Semana

7º FESTIVAL CURTAS NA RÚA EN VIGO


Esta semana o cine toma as rúas de Vigo, non só polos xoves negros de cine do que aínda quedan tres sesións máis e do que podedes gozar na Praza da igrexa os xoves a partir das 23 h, senón porque dende onte contamos co Festival Curtas na Rúa que está organizado polos comerciantes da Zona Centro.

É unha selección de curtos nacionais e internacionais que podemos visionar ao aire libre de forma gratuíta. Todo isto detrás do MARCO (c/Londres) e a partir das 21:30h. Os curtos dividíronse en temáticas segundo o día, onte proxectáronse os de drama, hoxe os de comedia e animación e o sábado os de fantasía.

A isto hai que engadir que a asociación de comerciantes preparou ofertas para acompañar o festival que podedes ver en: facebook.com/zonacentrovigo

Para máis información sobre o festival podedes visitar a súa páxina en facebook
www.facebook.com/festivalcurtasnarua 


II VIGO SCAPORUM-FIESTA ROMANA EN NAVIA




A partir de hoxe e durante todo o fin de semana temos en Navia-Vigo a segunda edición da festa de temática romana Vigo Scaporum organizada pola Asociación de Comerciantes de Navia coa colaboración do Concello de Vigo. Esta desenvólvese en diversos puntos do barrio e haberá actividades para todos os públicos:

-Actividades infantís: taller "Gladius" de manualidades, o venres ás 20:30.

-Cine ao aire libre: proxección do "A Última Lexión" (para todos os públicos) o venres ás 21:00h.

-Concertos sábado e domingo: Dania D'Alfonso & XiaraJorge Canda Neira, a Orquestra Mel & Novo Estilo, a Banda Ateneo Musical de Bembrive e o K-Percussion Group.

-Monólogo de Candido Pazó o domingo ás 21:30.

-Teatro: representación da obra de Manuel Nuñez Singala Ou Achado do Castro" a cargo do grupo de teatro "Porta Aberta" o domingo ás 22:00h.

-Torneo de Brilé

-Concurso de fotografía e disfraces.

Podedes consultar os horarios da programación na web da Asociación de Comerciantes de Navia: http://www.comerciantesnavia.es/


XI FESTA DO MARISCO EN VIGO

Outro dos eventos ineludibles deste fin de semana en Vigo é a Festa do Marisco Vigomar que se desenvolve dende onte na zona do Berbés.

Todos os asistentes poderán degustar unha grande variedade de produtos do mar elaborados de diferentes formas, dende ameixas, camaróns, chocos, navallas, lagosta, percebes, cigalas, lagostinos, polbo, rodaballo, zamburiñas, vieiras e nécoras, pasando polos berberechos ou mexillóns ao vapor, ou ata a típica e variada grellada de marisco. Os prezos oscilarán dependendo do produto.

Cada día abre as súas portas ás 12 h e todas as noites a festa é amenizada por verbenas do Grupo Naval, e o domingo pola charanga A Cabeza Non Para.



XII FESTA DO XURELO EN CABRAL

Finalmente o sábado 7 de setembro, terá lugar en Cabral a celebración da XIII Festa do Xurelo que dará comezo a partir das 12.30 horas coa degustación de xurelo nas súas distintas especialidades.

Ás 13 h actuará a Banda Escola Musical de Beade. Pola tarde ás 17:30 h terá lugar a actuación dos grupo As Lagharteiras e a continuación actuarán as pandereteiras Souto e o grupo de gaitas da Asociación de Cabral. Para rematar a xornada actuará o teclista Fonsi.

jueves, 5 de septiembre de 2013

Notas de Prensa

O pasado 13 de Agosto saíu no Faro de Vigo unha entrevista realizada ao presidente da Agrupación, Roberto Giráldez, por ser elixido novo presidente da Federación Galega de Grupos de Danza. Norabora!



Ademais tamén apareceu unha noticia sobre a cerimonia de clausura do noso Campamento de Verán de Xullo á que acudiu o Concelleiro de Participación Ciudadana, don Santos Hector.