viernes, 6 de septiembre de 2013

Axenda Cultural Fin de Semana

7º FESTIVAL CURTAS NA RÚA EN VIGO


Esta semana o cine toma as rúas de Vigo, non só polos xoves negros de cine do que aínda quedan tres sesións máis e do que podedes gozar na Praza da igrexa os xoves a partir das 23 h, senón porque dende onte contamos co Festival Curtas na Rúa que está organizado polos comerciantes da Zona Centro.

É unha selección de curtos nacionais e internacionais que podemos visionar ao aire libre de forma gratuíta. Todo isto detrás do MARCO (c/Londres) e a partir das 21:30h. Os curtos dividíronse en temáticas segundo o día, onte proxectáronse os de drama, hoxe os de comedia e animación e o sábado os de fantasía.

A isto hai que engadir que a asociación de comerciantes preparou ofertas para acompañar o festival que podedes ver en: facebook.com/zonacentrovigo

Para máis información sobre o festival podedes visitar a súa páxina en facebook
www.facebook.com/festivalcurtasnarua 


II VIGO SCAPORUM-FIESTA ROMANA EN NAVIA




A partir de hoxe e durante todo o fin de semana temos en Navia-Vigo a segunda edición da festa de temática romana Vigo Scaporum organizada pola Asociación de Comerciantes de Navia coa colaboración do Concello de Vigo. Esta desenvólvese en diversos puntos do barrio e haberá actividades para todos os públicos:

-Actividades infantís: taller "Gladius" de manualidades, o venres ás 20:30.

-Cine ao aire libre: proxección do "A Última Lexión" (para todos os públicos) o venres ás 21:00h.

-Concertos sábado e domingo: Dania D'Alfonso & XiaraJorge Canda Neira, a Orquestra Mel & Novo Estilo, a Banda Ateneo Musical de Bembrive e o K-Percussion Group.

-Monólogo de Candido Pazó o domingo ás 21:30.

-Teatro: representación da obra de Manuel Nuñez Singala Ou Achado do Castro" a cargo do grupo de teatro "Porta Aberta" o domingo ás 22:00h.

-Torneo de Brilé

-Concurso de fotografía e disfraces.

Podedes consultar os horarios da programación na web da Asociación de Comerciantes de Navia: http://www.comerciantesnavia.es/


XI FESTA DO MARISCO EN VIGO

Outro dos eventos ineludibles deste fin de semana en Vigo é a Festa do Marisco Vigomar que se desenvolve dende onte na zona do Berbés.

Todos os asistentes poderán degustar unha grande variedade de produtos do mar elaborados de diferentes formas, dende ameixas, camaróns, chocos, navallas, lagosta, percebes, cigalas, lagostinos, polbo, rodaballo, zamburiñas, vieiras e nécoras, pasando polos berberechos ou mexillóns ao vapor, ou ata a típica e variada grellada de marisco. Os prezos oscilarán dependendo do produto.

Cada día abre as súas portas ás 12 h e todas as noites a festa é amenizada por verbenas do Grupo Naval, e o domingo pola charanga A Cabeza Non Para.



XII FESTA DO XURELO EN CABRAL

Finalmente o sábado 7 de setembro, terá lugar en Cabral a celebración da XIII Festa do Xurelo que dará comezo a partir das 12.30 horas coa degustación de xurelo nas súas distintas especialidades.

Ás 13 h actuará a Banda Escola Musical de Beade. Pola tarde ás 17:30 h terá lugar a actuación dos grupo As Lagharteiras e a continuación actuarán as pandereteiras Souto e o grupo de gaitas da Asociación de Cabral. Para rematar a xornada actuará o teclista Fonsi.

No hay comentarios: