Despois do éxito da segunda parte do IX Encontro Folclórico, celebrado o pasado Abril no auditorio do CVC Valladares, a terceira parte xa está ahí, para facernos disfrutar a todos de novo, cos grandes grupos e grandes artistas que actuarán.
Esta vez será o Centro Cultural e Recreativo de Cabral o que acolla esta penúltima edición do Encontro Folclórico, que terá lugar este domingo 29 de setembro a partir das 18h.
Os grupos folclóricos: O Coto, Atlántida (Matamá), Traspés e Cotogrande (Cabral) son os que paraticipán neste Encontro Folclórico que organizamos dende a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo.
O Encontro Folclórico, trátase dunha perfecta ocasión para disfrutar dos grupos folclóricos da cidade de Vigo, grazas os seus bailes, os seus traxes, a súa posta en escea. Ademáis de para valorar o traballo que durante todo o ano realizan.
A Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, invitámosvos a terceira parte do IX Encontro Folclórico, á que non podedes faltar.
Esperámosvos!
Para máis información ver a nosa páxina web: www.centrosculturaisvigo.es
NAVIA, PARQUE D'ARTE 2013


O acto está organizado pola Asociación Veciñal NovoVigo e coa colaboración do Concello de Vigo e da nosa Agrupación de Centros Deportivos e Culturais entre outros.
Unha das actividades das que poderedes gozar é de ver a actuación de dous grupos folclóricos de entidades asociadas coa nosa agrupación, neste caso serán: Vos ventos e Danzas do Mundo.
Para máis información: info@avvnovovigo.org ou www.avvnovovigo.org
CONTACONTOS NO CVC VALLADARES
Hoxe, venres 27 de setembro, na biblioteca do CVC de Valladares hai Contacontos a partir das 18:30h para todos aqueles nenos e nenas que queiran asistir.
CONCERTO DIDÁCTICO E PRESENTACIÓN DO LIBRO-CD MANÜELE
Hoxe, Venres 27 de setembro, na sede de O Fiadeiro hai un Concerto didáctico e presentación do libro-cd MANÜELE...de pandeireta e canto tradicional, Autor: Xandre Outeiro, da editorial "Ediciones Intermitentes"
O acto terá lugas ás 20.30h. A entrada é de balde ata cubrir aforo.
Ide a pasar un bo rato!
Máis información en ofiadeiro@ofiadeiro.com ou en www.ofiadeiro.com. Se non chamade a: 629 585 355
II 10Km PRAIA SAMIL
A carreira popular "10 k Praia de Samil" disputarase este domingo 29 de setembro a partir das 11h. Este ano o circuíto foi homologado pola Federación Española.
Para máis información visitar a web www.10kpraiadesamil.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario