Que o mal tempo non nos deteña na casa que aínda hai actividades que facer a cuberto! Hoxe, venres 4 de outubro, Contacontos para nenos gratis na Biblioteca do Centro Veciñal e Cultural de Valladares a partir das 18:30h. O conto co que nos van entreter é Riciños de Ouro!
FESTA CASTREXA (SAN ANDRÉS DE COMESAÑA)
A Sociedade Veciña Cultural e Deportiva Nautilius (Comesaña) organiza este fin de semana a primeira Festa Castrexa. Será unha festa na que se contará con infinidade de actividades teatrais e musicais, rutas guiadas ao castro, postos de artesanía e gastronomía, animación para os máis pequenos da casa, etc.
Deixámosvos o tríptico coa programación e para máis información visitar a súa páxina do facebook: https://www.facebook.com/svcd.nautilius
Esta é unha cita ineludible este fin de semana así que non volo perdades!
FESTA DA SIDRA

SOHO ZONA CENTRO EN OTOÑO
Este sábado 5 de outubro volve o Soho Zona Centro, como o primeiro de cada mes, os comerciantes volven sacar as súas tendas à rúa acompañados de 300 artesáns, actividades moi divertidas e prezos moi económicos!
Durante o Soho poderás encontrar:
- 11.30 h. actuación de capoeira realizada por PROGRESS Gym na rúa Progreso.
- 17.00 h. gozaredes dunha sorpresa moi especial na rúa Velázquez Moreno.
- 17.30 h. Contacontos fronte á porta de Sipinopi.
- 20h Presentación do libro Évame nas proximidades do museo MARCO.
Como sempre vaise desenrolar nas rúas de ZONA CENTRO: María Berdiales, Progreso, Doutor Cadaval, Velázquez Moreno, Eduardo Iglesias e Rolda Don Bosco.
Non volo perdades!
Para máis información: https://www.facebook.com/sohozonacentro
No hay comentarios:
Publicar un comentario