viernes, 18 de octubre de 2013

Axenda Cultural Fin de Semana

CONTACONTOS NO CVC de VALLADARES




Outro venres máis, a biblioteca do CVC de Valladares anima a tarde dos nenos con cuentacuentos. Hoxe toca o conto de Pulgarcito un gran clásico que a todos gusta así que non volo perdades nesta tarde de outono. Ás 18:30h!















ACTUACIÓNS DO GRUPO DE PANDERETEIRAS DE 
O FIADEIRO: REXOUBEIRAS






Esta noite o magnífico grupo de pandereteiras da Escola de música tradicional de Fiadeiro, que se chama Rexoubeiras, actuará na tapería O Racimo.


Este local situado na rúa Couto Piñeiro Nº25, Vigo. Puxo en marcha un ciclo de actuacións folclóricas todos os venres baixo o nome O Serán do Racimo. Este fin de semana tócalle ao grupo de pandereteiras Rexoubeiras a partir das 21:30h.



CONCERTO ESPECIAL "GALA LÍRICA" no CVC de VALLADARES


Mañá, sábado 19 de outubro, no auditorio do CVC de Valladares realizarase o Concerto especial "Gala lírica". No que Teresa Novoa á voz acompañará á orquestra Unión Musical de Valladares, seguro que dando un magnífico recital.

O concerto empeza ás 21 h e a entrada é libre! É unha oportunidade única de gozar da lírica e a música clásica. Animarvos a ir!






DE SENDERISMO CON RUEIRO





O Centro Cultural Rueiro Coia proponnos un plan diferente para este sábado, compartir unha xornada de lecer e contacto coa natureza mediante o Sendeirismo.

A Ruta escollida é a das Salinas de Vilaboa. A saída é ás 9 h da parroquia. Así que poñervos as botas, a roupa de camiñar e a gozar do día!



FESTA DA COLLEITA do MILLO e o MAGOSTO 


A parroquia de Matamá celebra este sábado 19 Festa da Colleita do Millo e Magosto Popular. Unha cita que terá como máximos representantes ao millo e as castañas. Este evento está organizado polo Colectivo Cultural Malaherba

Haberá diferentes actividades durante todo o día:

12h construción dun hórreo cabaceiro.

16h tradicional esfollada do millo.

17h actuación do pallaso Tururú.

18h talleres construción de cabeceiro, aprendiz home de orquestra e elaboración de bonecos coas follas de millo.

20h repartición e degustación de castañas.

Dende as 21 a ben entrada a noite actuarán Fanfarra Taquikardia,Ce Orquesta Pantasma e Leo I Arremecaghona.

Non volo perdades!




No hay comentarios: