viernes, 11 de octubre de 2013

Axenda Cultural Fin de Semana

CONTACONTOS NO CVC DE VALLADARES


Outro venres máis, na Biblioteca do Centro Veciñal e Cultrual Valladares, hai sesión de contacontos para os máis pequenos das casas. 

Neste caso será o conto de "Os tres porquiños". Nos vos o perdades, hoxe ás 18:30h!



OKTOBERFEST EN LA CERVECERÍA "EL ALEMÁN"


Todos os meses de Outubro se celebra en Alemaña a tan coñecida festa Oktoberfest e esta trasládase a Vigo grazas á organización por parte da cervexaría El Alemán (Avd. Camelias, 14).

Este Oktoberfest local realizarase mañá, sábado 12 de Outubro a partir das 19h. E contarase coa auténtica cervexa da gran festa alemá.

É unha cita ineludible para todos aqueles amantes da cervexa así que non vola perdades! 


MINERVIGO


Dende o xoves ata o domingo desta semana celébrase en Vigo a décimo sexta edición de Minervigo, a feira de minerais, xemas e cunchas. Un evento que ten lugar na Estación Marítima.

Entre as curiosidades desta edición encontraremos en exposición un ovo de dinosauro procedente dun hadrosaurio que viviu en China hai 80 millóns de anos, entre outras.

A feira Minervigo estará aberta dende o xoves 10 ao domingo 13 de outubro. En horario de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00

Máis información en: www.facebook.com/MineralesdeTorres


FEIRÓN DE BOUZAS e FEIRA ANUAL DE 

OPORTUNIDADES EN REDONDELA

Volve o Feirón de Bouzas coa súa única edición este domingo 13 de Outubro. O lugar da cita é en La Pergola, Alameda Eduardo Cabellode 11 h a 21h.

Ademais, nesta edición contarase cun posto de recollida da organización "Un xoguete, un neno" para a campaña 2013. Con esta iniciativa preténdese que ningún neno quede sen un xoguete este próximo Nadal. Así que todo o mundo a colaborar!

Para máis información: https://www.facebook.com/events/571338176246966/?fref=ts






Así mesmo, o sábado e o domingo realizarase unha nova edición da Feira de Oportunidades de Redondela. Será a Alameda de Redondelaa que acolla esta cita, o sábado de 10 h a 22 h e o domingo de 11 h a 20h.

O número de establecementos que se suman a esta iniciativa aumenta ano tras ano. Poderedes encontrar de case todo: téxtil, decoración, libros, delicatessen, beleza...

E a isto hai que engadir un gran número de actividades que se ofertan de forma paralela á feira, especialmente infantís.

Non vola perdades!


ACTUACIÓN DO GRUPO XISTRA NO ROSAL

Este domingo día 13 na praza do Calvario no Rosal, hai unha actuación dos grupos Deixandar e Xistra de Coruxo a partires das 19.30, inda que as previsións meteorolóxicas din que pode chover, non vos perdades  a ocasión de escoitar boa música tradicional, donde presentarán novo repertorio.




No hay comentarios: