lunes, 11 de abril de 2011

Encontros folclóricos

Este pasado domingo, día 10 de abril, celebrouse a II xornada do Encontro Folclórico deste ano 2011. Tivo lugar no C.C.R. Becerreira de Cabral, no que actuaron catro grupos folclóricos.

O Encontro Folclórico da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo nace no ano 2005, pou unha proposta do noso presidente Roberto Giráldez. O obxectivo principal deste Encontro Folclórico e dar a coñecer a cidadanía os grupos folclóricos que forman parte da nosa cultura e pertencen a esta Agrupación. Asemesmo, axudar a reforzar as relacións entre os participantes deste acto.

Nos seu comezo o Encontro Folclórico realizábase unha vez o ano; pero neste ano 2011 realizaránse catro festivais o longo de todo ano, en diferentes centros culturais e con diferentes grupos folclóricos.

Duas destas xornadas xa se realizaron o día 27 de febreiro e o 10 de abril; no S.C.D.R.Helios de Bembrive e no C.C.R. Becerreira de Cabral, respectivamente.

Dende a agrupación queremos convidalos, os dous Encontros Folclóricos que se celebrarán os días 8 de maio e 25 de setembro.



  • 8 Maio


  • Lugar: S.R.D. Atlántida de Matamá


  • Hora: 18:00


  • Grupos participantes:


  • A.F.Andarela


  • A.F.Airiños do Coto


  • A.C.M Os trasnos da Gaita


  • G. Folclórico da S.R.D. Atlántida de Matamá


  • 25 de Setembro


  • Lugar: C.A.R. de Valadares


  • Hora: 18:00


  • Grupos participantes:


  • A.F.Froles Novas


  • A.F.T.Os ventos de Comesaña


  • G. Folclórico ledicias do C.A.R. de Valadares

Nada máis decirlles, que esperamos que disfruten destes Encontros Folclóricos, así como de tódalas actividades deportivas e culturais que a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, organizamos con toda a nosa ilusión, e nas que intentamos mellorar día a día.

No hay comentarios: