viernes, 11 de mayo de 2012

XI Serán, no Colexio do Carballal

Música, baile, comida e moita festa...todo isto forma parte dun serán; unha das festas máis importantes para a cultura galega. A Asociación Cultural O Coto, organiza por  undécima vez, o Serán que será celebrado no Colexio do Carballal.

Se queredes pasar un bo rato, bailando e facendo festa ata que o corpo aguante, animádevos e acudide o XI Serán, no colexio o Carballal; será este sábado, 12 de maio, a partir das 22:00 horas.
 Esta gran festa terá lugar grazas o Asociación Cultural O Coto, como organizadora do evento; e como colaboradores A Veciñanza e Participación Cidadá do Concello de Vigo. 

 Xa sabedes, este sábado pasade polo Carballal, para disfrutar dun bo rato a partires das 22:00 horas da noite, e recordade que a media noite, haberá aperitivo e chocolate para todos.

No hay comentarios: