martes, 29 de mayo de 2012

Próximos actos da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo

Despois do gran éxito que este domimgo tivo o Festival Musical no CCR de Cabral. A Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo seguimos traballando en actos e actividades que se celebrarán nas próximas datas.

Moitos son os actos nos que a directiva da agrupación estamos traballando, para os meses que quedan deste ano 2012. A seguinte actividade máis cercana será a segunda xornada do Encontro Folclórico que nos organizamos; este terá lugar o 17 de xuño, ás 18 horas da tarde no CCR de Cabral. 
Tamén estamos a traballar no Festival Musical, que será o 29 de xuño, no CVC de Valladares; neste ademáis de participar grupos de baile moderno, bailarán varios alumnos dos cursos que ofrecemos na Agrupación. 

 Por suposto, o acto estrela e máis importante para nos, a Festa da Cultura de Vigo; no que habrá moitas novidades e sorpresas respecto co ano pasado. 
Ademáis, xa poden resevar a sua plaza dos cursos 2012- 2013, que a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais ofrecemos no noso local. Como poden ver, a Agrupación estamos traballando para cumprir o noso obxectivo, que non é outro que promocionar a cultura e o deporte na cidade de Vigo.

No hay comentarios: