jueves, 24 de mayo de 2012

Festival Musical

Xa estamos a xoves, a semana está rematando e seguro que aínda non tes plan para este domingo. Pois non o penses máis, a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo dámosche a idea perfecta...o Festival Musical, que nos organizamos.

Este domingo 27 de maio, ás 18 horas da tarde, no auditorio do C.C.R. de Cabral, terá lugar o Festival Musical, que a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo organizamos.
 Tres serán os grupos que participen neste festival. Tres grupos de baile moderno, que están dispostos a facernos disfrutar e a deixarnos coa boca aberta despois das suas actuacións. Os grupos participantes son:
 - Grupo Helios de Bembrive 
- Grupo Flashdance de Cabral 
- Grupo da S.C.D. Atlántida de Matamá 

 Non poden perder este gran Festival Musical, que ademáis de divertido e entretido...será espectacular.

No hay comentarios: