martes, 18 de diciembre de 2012

Papá Noel visita a SCDR Helios de Bembrive

O Nadal está as portas, e con él Papá Noel, os Reis Magos, as ceas e as comidas típicas destas datas. Todos estamos ilusionados en que cheguen estes días de festa e felicidade. Pero se hai alguen en especial que esté ilusionado, eses son os máis pequenos da casa.

Nenos e nenas ¿ xa tedes escrita a carta para Papá Noel? Se non a tedes, ide preparándoa porque soamente queda unha semana, para que este vello gordinflon entre nas nosas casas, a deixarnos unha chea de agasallos. 
A noite do 24 de decembro, é cando Papá Noel traballa, deixando os presentes debaixo das nosas árbores de Nadal. Pero uns días antes, vai a visitar diferentes lugares de todo o mundo, para que os nenos lles den as suas cartas, e por suposto, lle expliquen o ben que se portaron durante todo o ano.
Un deses sitios nos que vai a estar, atendendo os máis pequenos da casa, será a SCDR Helios de Bembrive.

Este venres, 21 de decembro, ás 17 horas da tarde, Papá Noel chegará a esta parroquia viguesa, disposto a  escoitar e disfrutar cos nenos e nenas que queiran visitalo.

Pais e nais, tíos e tías, padriños e madriñas, e demáis familia, este venres tedes que acompañar os vosos pequenos, pois tedes unha cita con Papá Noel, na SCDR Helios de Bembrive, ás 17 horas. Non podedes faltar.

No hay comentarios: