miércoles, 14 de noviembre de 2012

De Serán en Romaría. I espectáculo de música e danza tradicional Traspés

A Asociación Cultural Traspés, organiza por primeira vez, un espectáculo de danza e música tradicional, de Serán en Romaría. Un proxecto nunca visto antes, co que os compañeiros de traspés, seguro que non nos defraudarán.




Algo diferente, pouco habitual na cidade de Vigo, e ca cal pasaremos un bo rato rodeados de música e baile,ademáis de poder disfrutar da gran posta en escea, que ten este grupo cada vez que sube o esceario.
Recopilar e divulgar o noso Patrimonio Cultural, ese é o obxetivo de Traspés con este espectáculo. Moitos son os meses, incluso anos que os compoñentes deste grupo, levan recopilando bailes e cantos dos nosos antepasados.

O día 25 de novembro, ás 21 horas, no auditorio Mar de Vigo, terá lugar de Serán en Romaría. Se queredes disfrutar deste gran evento, podedes conseguir a entrada, por soamente 3 euros, nos seguintes puntos:
- www.servinova.com
- Chamando o teléfono: 902504500
- Físicamente na Central de Espectáculos de Vigo (frente á casa do libro)
- O mesmo día en taquilla
- Contactando con algún dos compoñentes da Asociación Folclórica Taspés

A Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, animámosvos a que asistades a de Serán en Romaría. Un espectáculo, no que se poderá ver o traballo que durante moito tempo leva feito a Asociación Cultural Traspés, algo que é de valorar pola situación tan difícil que se está a vivir. ¡Animádevos e disfrutade co espectáculo!

No hay comentarios: