lunes, 12 de noviembre de 2012

Semana de Teatro Afeccionado de Vigo

Despois dunha semana de descanso, a Semana de Teatro Afeccionado de Vigo, organizada pola Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, volve a acción, ofrecéndonos grandes obras de teatro representadas por grupos vigueses.

Este sábado, 17 de novembro, ás 20 horas, no CVC de Valladares, o grupo de teatro Rueiro, representará a obra " A miña muller é o fontaneiro".
Unha divertida obra, coa que disfrutaremos todos, o igual que xa o fixemos na primeira xornada da Semana de Teatro Afeccionado de Vigo co grupo Escoitade de Valladares.

Recordade, que aínda quedan tres actuacións.
- 17 de novembro: ás 20 horas, grupo de teatro Rueiro, no CVC de Valladares
- 24 de novembro: ás 20 horas, grupo de teatro da SCD Atlántida de Matamá, no CRC de Cabral
- 1 de decembro: ás 20 horas, grupo Porta Aberta, na SCD Atlántida de Matamá

Se queredes disfrutar e aproveitar as tardes de sábado, con grandes obras de teatro, representadas por grandes grupos de teatro da cidade de Vigo, non o dubidedes e participade con nós na Semana de Teatro Afeccionado de Vigo

No hay comentarios: