jueves, 15 de noviembre de 2012

Rastro Solidario no CVC de Valladares

Son momentos difíciles os que estamos a vivir, moita xente está a pasar por malos momentos económicos. Se queres axudar a algunhas destas persoas, pon o teu grao de area no rastro solidario do CVC de Valladares.
O CVC de Valladares, pensando nos veciños desta parroquia que o está a pasar mal, decidiu organizar un Rastro Solidario, tódolos sábados de 2012.
Todos podemos axudar, de maior ou menor forma. ¿Quen é o que non ten unha prenda de roupa que non usa pero que está intacta; ou unha sartén; ou libros que xa non nos interesan? Productos de segunda man, antigos ou actuais, pero que se manteñan en bó estado, isto é todo o que se necesita para axudar os nosos veciños.
Ademáis de artículos usados, haberá un posto de alimentos non perecedeiros, algo moi necesario tamén hoxe en día.

Un simple xesto de colaboración por parte da directiva do CVC de Valladares, é o que significa este rastro solidario. Entre todos, será máis fácil. Non o penses máis, e colabora; mañán pódenos tocar a calquera de nós estar na mesma situación.

No hay comentarios: