viernes, 30 de noviembre de 2012

Rastro Solidario e Gala Vocálitis no CVC de Valladares

Outro fin de semana, o CVC de Valladares organiza actos para que os seus veciños poidan divertirse; poñendo sempre por diante a solidariedade e a cultura.
Gala Vocálitis
O domingo, 2 de decembro, ás 20 horas, no auditorio do CVC de Valladares terá lugar a gala Vocálitis , organizado pola área de Cultura do CVC de Valladares; e patrocinado pola Productora Artística  VOC.

Rastro Solidario.
Como xa é habitual no CVC de Valladares, tódolos sábados ata finais do 2012, estase a celebrar un rastro Solidario, no que calquera de nós podemos participar.
A forma de axudar é comprando algunha das moitas cousas que alí se venden: roupa, cuadros, xoguetes, utensilios de cociña,...ou podemos levar para que as vendan, obxectos e cousas que teñamos na casa en bó estado, e que non usemos.
Temos que intentar facer todo o posible para axudar os nosos veciños, que o levan pasando mal durante moitos meses, e moito máis nestas datas de festas que se aproximan.

No hay comentarios: