viernes, 16 de noviembre de 2012

Semana de Teatro Afeccionado de Vigo

Despois dunha semana de parón, a Semana de Teatro Afeccionado de Vigo, organizada pola Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, continúa a súa andaina, con actuacións de grupos de teatro da cidade de Vigo.

O próximo grupo en deleitarnos, será o grupo de teatro Rueiro, que representará a obra de teatro "A miña muller é o fontaneiro". Unha obra, para persoas que queiran pasar un rato distendido e agradable. Caracterizada pola rapidez  e habilidades dos personaxes para saír e entrar no esceario, a vez que interpretan os seus papeis.

Esta magnífica actuación será mañán, sábado 17 de novembro, ás 20 horas, no auditorio do CVC de Valladares. Como vedes, todo son ventaxas, unha hora adecuada, nun lugar axeitado para disfrutar dunha fabulosa obra de teatro.¡Non a podedes perder!

No hay comentarios: