miércoles, 7 de noviembre de 2012

Magosto na SCDR Helios de Bembrive

Chega o outono, e chega a época das castañas, dos magostos...unha forma de reunirnos, mentras nos quentamos o lado do lume, no que se fan unhas ricas castañas; o mesmo tempo que falamos e disfrutamos cos nosos.

Esta fin de semana, a SCDR Helios de Bembrive, únese a tradición dos magostos, e quere convidarnos a unhas castañas asadas, en boa compañía.
O domingo, 11 de novembro, a partires das 18 horas, na SCDR Helios de Bembrive, haberá un gran magosto. Para amenizalo, actuarán o Grupo de gaitas "Lume de Candela" e a Charanga "Kostame Krelo"

Que mellor cousa para rematar a semana, cando xa empeza a caer a noite, que tomar unhas castañas quentes, rodeados de boa múscia. Desta forma poderemos bailar, cantar, comer e beber, mantendo unha tradición galega e cultural, que xa os nosos antepasados realizaban.
A directiva da SCDR Helios de Bembrive, convídanos a todos a asistir, pois haberá castañas para tódolos asistentes, ademáis de moita festa e diversión.

No hay comentarios: