jueves, 8 de noviembre de 2012

Magosto na ACRD Pardavila

A ACRD Pardavila, quere manter unha tradición galega tan importante como é a dos magostos, na que se come castañas; pero na que ademáis hai moito baile, moita música e moita diversión, en boa compañía.
Esta fin de semana, a ACRD pardavila, organiza un gran magosto, o que estamos invitados para comer as mellores castañas e beber o mellor viño.
O domingo, 11 de novembro, ás 18:30 horas, comezará esta gran festa. Para que non nos aburramos estará amenizada polo grupo de gaitas e baile Peña Xuntanza de Coia e o grupo de gaitas "Los Parrulos" de Lavadores.

Se non tedes plans para rematar a semana, achegádevos ata a ACDR Pardavila, na rúa Ramón Nieto nº 118; para disfrutar e divertirse da mellor forma.

No hay comentarios: