jueves, 8 de noviembre de 2012

Magosto, Concerto e Humor esta fin de semana, no CVC de Valladares

Numerosos son os actos, que cada fin de semana enchen o CVC de Valladares. Xente, música e moita festa xúntanse para facer disfrutar a toda a poboación, dende os máis maiores, ata os máis pequenos.



Concerto da "Unión Muscial de Cabral"
Por motivo do Ciclo "Un Mar de Bandas", este sábado, 10 de novembro, ás 20 horas da tardiña, actuará no auditorio do CVC de Valladares a "Unión Musical de Cabral", que nos deleitará a todos con un gran concerto

Magosto 2012
Estando na época das castañas e do magosto, o CVC de Valladares non ía deixar a xente de Valladares sen comer castañas.
Este sábado, 10 de novembro, ás 21:15 horas, na cafetería do CVC de Valladares, haberá castañas gratis para todos. Para non aburrirnos mentres as comemos, haberá a actuación das agrupación folclóricas do CVC de Valladares, poñendo música e baile a esta gran noite.


13º Certame do Humor
A directiva deste centro cultural, quere axudarnos e olvidar os noso problemas, durante unhas horiñas, mediante as risas e o humor.
Por iso, este domingo, 11 de novembro, ás 18:30 horas, invítanos o 13º certame do humor, no que participará pedro Brandariz, con varias e diferentes actuacións.

O CVC de Valladares invítanos a todos e todas, a este fin de semana cheo de música, humor e moita festa.

No hay comentarios: