lunes, 12 de noviembre de 2012

Viaxe a Abadía de los Templarios, na Alberca en Salamanca, co CC de Beade

Se queredes facer unha escapada a un lugar relaxante, tranquilo, escapando da rutina e do agobio diario, podedes facelo grazas o CC de Beade, do 18 o 23 de novembro.

O Centro Cultural de Beade, organiza unha viaxe a Abadía de los Templarios, na Alberca en Salamanca, un lugar único con un encanto especial.
A próxima semana, do 18 o 23 de novembro, poderedes disfrutar dunha escapada inesquecible, por un prezo único de 230 euros por persoa. 
Está incluído, o desplazamento en autobús, a visita de diferentes pobos da provincia e o aloxamento, con pensión completa, en un hotel de 5 estrelas, na que ademáis está incluído un percorrido polo SPA.

Se queredes información ou queredes inscribirvos nesta fantástica viaxe, podedes chamar o número: 650441874 
Non podedes desaproveitar unha gran ocasión, como o é esta, de viaxar, coñecer lugares preciosos e poder aloxaros nun hotel de 5 estrelas, facendo unha gran fin de semana, por este pequeno prezo. ¡Aínda quedan algunhas plazas, aproveitádeas!

No hay comentarios: