viernes, 2 de noviembre de 2012

Actividades do CVC de Valladares: Humor, Festa e Solidariedade

A CVC de Valladares co seu afán de promover a cultura e entreter a poboación; ten un fin de seman cheo de actos e festa.

13º Certamen do Humor
Se queredes pasar unha tarde divertida, para olvidar os problemas e non parar de rir. Achegádevos este domingo o auditorio do CVC de Valladares .
O domingo, 4 de novembro, ás 18:30 da tarde, ademáis de actuar os finalistas do Certamen do humor, actuará o gran humorista Xan Veiga, coñecido por moitos de nós.

Rastrillo Solidario 
Tódolos sábados do mes de novembro, terá lugar no CVC de Valladares o Rastrillo Solidario, para axudar os máis necesitados da parroquia. 
Podedes axudar levando cousas vellas ou actuais que están aptas para usar: roupa, libros, calzado, antiguedades...
Ademáis haberá un posto para recoller alimentos non perecedeiros.
Pensade que calquera pode atoparse nunha situación difícil neste momento. Axudemos os que están pasando por ela.

Verbena da Paloma
O barrio da Garrida, en Valladares organiza os días 3 e 4 de novembro, a verbena da Paloma, unha festa na que non faltará a música, orquestas e moito baile.
O sábado 3 de novembro actuarán: orquesta Capitol, e grupo Aramio
O domingo 4 de novembro: ás 12:30- concerto da Banda de Música de "unión Musical" Valladares, ademáis dun grupo folclórico
- Pola tarde noite gran verbena coa orquesta Trebol, e trío Azahar

Como podedes ver, unha fin de semana chea de festa, cultura e solidariedade. Non podedes faltar.

No hay comentarios: