sábado, 30 de junio de 2012

Festa da Cultura de Vigo 2012

Soamente queda unha semana para a gran festa do ano, a Festa da Cultura de Vigo 2012. A Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo estamos ultimando os detalles para este gran acontecemento o que non podedes faltar.


A próxima fin de semana, 7 e 8 de xullo, na Porta do Sol de Vigo, terá lugar a Festa da Cultura de Vigo. Un gran evento no que non faltará de nada, diversión e música para todos nós. Dende os máis pequenos, ata os máis maiores poderemos disfrutar desta festa.

Actuacións de forma continua, postos artesanais de feito a man, talleres de maquillaxe e manualidades para nenos, concerto estelar de Son de Seu, serán...

Dende o sábado 7 de xullo, ás 10 da mañán; ata o domingo 8 de xullo ben pasada a noite, Vigo terá unha gran festa, a que ninguén pode faltar.
 

No hay comentarios: