martes, 3 de julio de 2012

Festa da Cultura de Vigo 2012

Achégase o momento, cada vez está máis preto, soamente quedan 4 días, para o evento cultural máis importante de toda a cidade: a Festa da Cultura de Vigo 2012.


Este fin de semana, non teremos que esperar máis para que a celebración da Festa da Cultura de Vigo. 
Este sábado e domingo, 7 e 8 de xullo, na Porta do Sol de Vigo, tedes unha cita a que non podedes faltar. Actuacións de folclore, bandas de música, grupo de acordeóns, danza oriental...dende a mañán ata a noite; exposicións de paneles informativos sobre as nosas entidades...

Ademáis contaremos con moitas novidades:
- Postos artesanais: gaitas, coiro, alfareiro, zoqueiro, feito a man
- Talleres para nenos/as: maquillaxe e manualidades
- Actuación de 150 gaiteiros, na entrada do MARCO, o domingo ás13:30 horas
- Concerto estrela de Son de Seu, o domingo ás 22 horas
- Serán, o sábado a partir das 22 horas

Como poden ver, unha festa a que non hai escusa para faltar. Dende o sábado ás 10:30 da mañán, ata o domingo a noite. Vémonos¡¡non falten!!

No hay comentarios: