miércoles, 4 de julio de 2012

Son de Seu, na festa da Cultura de Vigo

Actuacións de forma continua, talleres para nenos, postos artesanais, serán e o gran concerto de Son de Seu, todo isto e moito máis terá lugar na Festa da Cutura de Vigo 2012.


A Festa da Cultura de Vigo 2012 será máis que unha festa cultural, será un evento cheo de actuacións, música e diversión. Será adecuada para tódolos públicos, dende os máis pequenos ata os máis maiores da casa, poderán disfrutar con ela.

A Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo levamos meses organizando esta gran festa. Traballando para que nós, xunto cos nosos colectivos poidamos mostrar a poboación, todo o potencial cultural e deportivo que ten a cidade olívica.

Un dos elementos máis destacables desta festa, será o concerto de Son de Seu, o domingo 8 de xullo, ás 22 horas da noite. unha das mellores orquestas folk de Galicia, participará na nosa festa, na festa da Cultura de Vigo.


Non podedes faltar a este gran evento cultural e deportivo. Vémonos esta fin de semana, 7 e 8 de xullo, na Porta do Sol de Vigo.

No hay comentarios: