jueves, 5 de julio de 2012

Serán, na festa da Cultura de Vigo

¿Aínda non tes plan para este fin de semana? ¿Non sabes a onde ir? A Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo dámosche a resposta, este sábado e este domingo o teu lugar está na Festa da Cultura de Vigo.


Esta fin de semana, 7 e 8 de xullo, dende ás 10 da mañán ata ben pasada a noite, haberá festa para todos aqueles que o desexen.

O sábado pola noite, a partir das 23 horas, ata ás 2 da mañán, haberá un serán, no que poderedes participar todo aqueles que queirades. 
Aquel ou aquela, que lle guste tocar, bailar ou cantar, soamente ten que achegarse ata a Porta do Sol de Vigo, e acompañarnos na Festa da Cultura de Vigo 2012.
Haberá bocadillos de chourizo e chocolate gratis para tódolos asistentes.


Recordade que ademáis, haberá actuacións de forma continua, xunto con postos artesanais, exhibición de tenis de mesa, exposición sobre a Agrupación e os seus colectivos,...  dende ás 10:30 horas ata a noite, parando soamente dende ás 13:30 horas ata as 18:00 horas.

As partes máis resaltables desta festa son:
- Acto central de autoridades, sábado ás 12:30 horas
- Serán popular, sábado ás 23:00 horas
- Actuación de 150 gaiteiros da Agrupación, o domingo ás 13:30 horas
- Concerto de Son de Seu, o domingo ás 22:30 horas



No hay comentarios: