martes, 12 de junio de 2012

VII Encontro Folclórico. Segunda parte

Despois de realizar a primeira parte do Encontro Folclórico, no mes de abril. A Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, continuamos coa segunda xornada deste festival, que será este domingo 17 de xuño.


O próximo domingo 17 de xuño, ás 18 horas da tarde, no CCR de Cabral, terá lugar a segundo parte do VII Encontro Folclórico, da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo.
Tres serán os grupos participantes neste encontro de música e baile tradicional galego. Os colectivos participantes serán:
- Grupo Folclórico da S.C.D.Atlántida de Matamá
- Grupo Folclórico Lembranzas Galegas
- Grupo Folclórico Ledicias do CVC de Valladares

Se vos gusta a música tradicional galega, non podedes faltar o Encontro Folclórico, que a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo organizamos; o cal é patrocinado pola Diputación de Pontevedra e no cal colabora o C.C.R. de Cabral.

No hay comentarios: